Hoxe domingo 22 sobresaíu en #ANOSACANTEIRA o encontro en Abegondo entre o Fabril e o Zamora CF.
Os zamoranos chegaban á Cidade Deportiva como líderes do grupo 1º de Segunda Federación a pesar da derrota en casa da pasada fin de semana, e ante un filial que buscaba retornar á senda da vitoria despois de caer o pasado sábado en Oira ante o Ourense CF.
Quique Teijo, Somolinos, Puerto e Diego Gómez foron baixa por lesión no filial; aínda que Óscar Gilsanz puido contar con 4 dos 5 canteiráns desprazados co primeiro equipo a Sabadell que finalmente non foron utilizados por Imanol Idiakez: Jairo, Mella, Rubén e Óscar Marotías.
O partido acabou en táboas (0-0), o que demostra o alto grao de competitividade do Fabril (na foto da noticia) ante un dos equipos candidatos ao ascenso.
Ademais do choque do Fabril, xogaron os dous equipos xuvenís masculinos, con cara e cruz. O A caeu en Oviedo co CD Covadonga (2-1), club ao que se medirá o primeiro equipo branquiazul na Copa del Rey; e o B, dominador da Liga Nacional, impúxose en Abegondo ao Ural Español CF (4-0).
Finalmente, o Orzán SD Xuvenil Femenino gañou na Torre á SD Tordoia (3)1 en Primera Autonómica; e o Orzán SD B sub-16 Femenino superou ao Cultural Maniños (1-2) no Pote, en Segunda Autonómica.
Onte sábado 21 de outubro xogáronse 12 partidos en ANOSACANTEIRA, incluídos os amigables dos alevíns e benjamines, aínda en pretemporada.
Destacou o partido do Deportivo ABANCA B en Vigo (1-2) ante o Sárdoma CF, un dos poderosos do grupo 1º de Tercera Federación FutFem.
Ambos os conxuntos chegaban empatados a 15 puntos na 3ª posición da táboa. Decidiu o partido un gol de María Calvo no minuto 87 após 90 minutos moi igualados.
O vestiario deportivista celebra a convocatoria de Elena Vázquez, que xa está en dinámica do primeiro equipo, na convocatoria da selección española sub-17 para disputar en Portugal a Rolda 1 de Clasificación do Campionato de Europa da categoría.
Como locais competiron unicamente 3 equipos: o Orzán SD Cadete Femenino ante a SD O Val (6-0) con liderado en solitario da Liga Galega; o Orzán SD Infantil B Femenino ante a SCD Milagrosa (0-3), á espera de lograr estrear a súa marcadora de vitorias na Liga Galega; e o San Tirso SD Infantil ante o CD Areosa (3-2), que escala posicións na clasificación da Liga Galega.
O resto da xornada transcorreu fóra de casa: o Orzán SD Infantil A Femenino, máis líder da Liga Galega, en Santiago ante o segundo clasificado, o Victoria FC (0-4); o Cadete, colíder da División de Honra, en Lugo (2-5) con 5 goles de Miguel de Labra; o San Tirso SD Cadete en Vilagarcía (1-0) ante o Arosa SC, un rival da zona media-alta da táboa; e o Infantil en Nigrán ante o ED Val Miñor Nigrán (1-4) con 'hat trick' de Sergio Cortizo.
Nos equipos cadetes, os branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Leandro e Miguel de Labra; aos que se uniron Mauro e Samba do San Tirso SD disputaron o pasado mércores un amigable na Madroa coa Selección Galega sub-16 ante o RC Celta de Liga Nacional.
Así mesmo, os infantís deportivistas Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl Lema e Esteban Ruiz; con Antón Vilariño, Hugo Ferreiro e Pablo Gandarela do San Tirso SD xogaron coa Selección Galega sub-14 un partido de adestramento na Madroa ante o RC Celta de Liga Galega cadete, tamén o mércores.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
División de Honra, 7ª xornada: SÁRDOMA CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Primera Autonómica, 6ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 3 (Noe Gómez, Iria Otero e Candela Fernández) - SD TORDOIA 1
Segunda Autonómica, 5ª xornada: CULTURAL MANIÑOS 1 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 2 (Sofía Rodríguez e Daniela Macedo)
Liga Galega, subgrupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 6 (Sofía Rodríguez -2-, Candela Fernández -2-, Lucía González e Candela González) - SD O VAL 0
Liga Galega, subgrupo 1º, 5ª xornada: VICTORIA FC 0 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 4 (Marta Moreno -3- e Naiara Fontenla)
Liga Galega, subgrupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - SCD MILAGROSA 3
Segunda Federación
8ª xornada: FABRIL 0 - ZAMORA CF 0
Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: CD COVADONGA 2 - XUVENIL A 1 (Mardones)
Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B 4 (Héctor, Rubén -2- e Adrián Vázquez) - URAL ESPAÑOL CF 0
Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: CD LUGO 2 - CADETE 5 (Miguel de Labra -5-)
División de Honra, 7ª xornada: AROSA SC 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Categoría infantil
División de Honra, 6ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -3- e Raúl)
División de Honra, 6ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Hugo Ferreiro, Álex Martínez e Lucas) - CD AREOSA 2
Categoría alevín
Amigable: SAN TIRSO SD 1 - ALEVÍN A 8 (Martín López -2-, Álvaro Gómez -2-, Rui Fernández, David Gómez, Nacho Villanueva e Enzo Bértoa)
Amigable: ED LUÍS CALVO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Alejandro Astray)
Categoría benjamín
Amigable: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Leo Lorenzo -2-, Breogán Díaz e Álex Casado)
Amigable: ED LUÍS CALVO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Martín Coronel -2-, Leo Galván e David Santiago)