RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Os primeiros partidos amigables desde o pasado xoves para cadetes, infantís, alevíns e benxamíns son a novidade do calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Todos estes equipos están á espera do plan de competición exprés que nos próximos días ten previsto presentar a Federación Galega.

En canto ao resto de categorías, que seguen en competición na primeira fase, todos os equipos xogan lonxe de Abegondo.

No único choque oficial hoxe sábado, o Xuvenil B impúxose (0-3) na Grela 1 ao Victoria CF. Os deportivistas amarraron o primeiro posto no subgrupo A da Liga Nacional.

Mañá, o Fabril non pode fallar na súa visita á Agrupación Estudantil de Santiago mañá domingo ás 17:00 no campo de Santa Isabel, en busca dunha praza entre os seis primeiros do subgrupo A de Terceira División.

Juan Carlos Valerón, técnico fabrilista, poderá contar con Adri Castro, que finalmente non estará co primeiro equipo en Barreiro. A convocatoria complétana os seguintes futbolistas: Pablo Brea, Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Yuste, Prendes, Kanouté, Barba, Guedes, Sarmiento, Javi Sánchez, Pescador, Álex, Boedo e Juan Cambón; ademais dos xuvenís Juan Rodríguez, Guille Bueno e Yeremay.

Pola súa banda, xóganse o liderado dos seus respectivos subgrupos mañá domingo ás 12:00 o Deportivo ABANCA B en Vigo (fronte ao Sárdoma CF); e o Xuvenil A en Redondela (ante o CD Choco).

O filial feminino conta con Patri López, María Figueroa e Carlota. As tres estiveron na convocatoria do Dépor ABANCA ante o Rayo Vallecano desta mañá, e as dúas últimas mesmo chegaron a xogar os últimos minutos.

Pola súa banda, no Xuvenil A, Óscar Gilsanz non disporá de Juan Rodríguez, Yeremay e Guille Bueno, citados polo Fabril para o partido ante a Agrupación Estudantil.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 20ª xornada: AGRUPACIÓN ESTUDANTIL - FABRIL, o domingo 14 de marzo ás 17:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 17ª xornada: SÁRDOMA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 14 de marzo ás 12:00 nas Relfas (Vigo)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 15ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, o domingo 14 de marzo ás 12:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)

Liga Nacional, subgrupo A, 16ª xornada: VICTORIA CF 0 - XUVENIL B 3 (Martín Ochoa, Íker Méndez e Kevin)

Categoría cadete
Amigable (xogado o pasado xoves): CADETE A 5 (Martín -2-, Montero, Miguel Segura e Álex Delgado) - VICTORIA CF (xuvenil) 1

Amigable (xogado onte venres): CADETE B 3 (Toni, Memet e Bruno) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 5 (José Rey -4- e Rubén) - URAL CF 3

Categoría alevín
Amigable: EF LUÍS CALVO 0 0 - ALEVÍN A 16 (Paulo -5-, Iker -2-, Sergio, Trigo -2-, Gael, Alberto, Uxío -2- e Nico -2-)

Amigable: EF LUÍS CALVO B 0 - ALEVÍN B 5 (Raúl -2-, Iago Lameiro, Guille e Hugo)

Categoría benxamín
Amigable: EF LUÍS CALVO 1 - BENXAMÍN A 11 (Íker -3-, Thiago -3-, Leo -2-, Hugo -2- e Yael)

Amigable: EF LUÍS CALVO B 1 - BENXAMÍN B 8 (Álvaro -4-, Iván -3- e Jorge)