Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con triplo triunfo hoxe domingo
Hoxe domingo xogáronse 3 partidos en ANOSACANTEIRA feminina, todos resoltos con vitorias.
Na Primera Autonómica, o Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia) impúxose en Vigo ao Sárdoma CF B (2-4) para seguir á fronte da táboa: 16 puntos teñen as orzanistas por 15 o RC Celta B.
En categoría infantil, o Orzán SD A venceu ao Torre SD (0-10) que suma 12 puntos no coliderato da Liga Galega co Victoria CF.
Pechou a xornada a oda ao gol do Orzán SD Xuvenil na Segunda Autonómica na súa visita ao Silva SD: 4-7. Con este triunfo as orzanistas son cuartas na táboa con 14 puntos.
O partido estrela da fin de semana xogouse onte sábado 19 de outubro.
O Deportivo ABANCA B, 2º na táboa en Tercera Federación, visitaba ao 1º, o Olímpico de León.
As branquiazuis exhibiron o seu talento (0-4) con dobrete de Michi Apóstol, o segundo de espectacular falta directa; e xa lideran o grupo con 19 puntos por 18 das leonesas.
No filial, a dianteira Dunia Dahmouni foi convocada pola selección marroquí sub-20 para uns adestramentos que arrincarán a partir de mañá luns 21 de outubro.
Tamén onte sábado o Orzán SD Cadete e o Orzán SD Infantil B superaron ao Santa Cruz CF por 6-0 e 0-1 en partidos correspondentes á Liga Galega.
Finalmente, as orzanistas Amaia Sanjurjo, Daniela Arrojo, Elba Agrafojo, Lara Vázquez, Leire Vicente, María López-Perales, Telma García e Valentina Fernández adestráronse o pasado mércores coa selección galega sub-14 no campo da Lavandeira no Burgo.
Así mesmo, Ángela Cotelo, Antía Veiga, Carmen Couto, Claudia Sande, Daniela Macedo, Lola Freire, Marta Moreno, Martina Vázquez, Martina Santamarina, Sofía Rodríguez e Valentina Millón estiveron coa selección galega sub-16 no citado campo da Lavandeira do Burgo.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Terceira Federación 7ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Otero e Laura Santos)
Primeira Autonómica 6ª xornada: SÁRDOMA CF B 2 - ORZÁN SD SUB-21 4 (Dunia Dahmouni, Daniela Macedo, Claudia Sande e Ana Capelo)
Segunda Autonómica 6ª xornada: SILVA SD 4 - ORZÁN SD XUVENIL 7 (Sofía Rodríguez -4-, Alba Monteserrín, Lucía González e Carmen Couto)
Liga Galega cadete 4ª xornada: ORZÁN SD CADETE 6 (Marta Moreno -2-, Lola Freire -2-, Martina Santamarina e Carla Álvarez) - SANTA CRUZ CF 0
Liga Galega infantil 4ª xornada: TORRE SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Lara Vázquez, Rosalía Valencia -2-, Inés Neira -2-, Telma García, Daniela Arrojo -2-, Daniela Mingo e Carolina Lago) 4ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Bianca Ventureira)