RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina con triunfo este domingo na Torre e derrota en Santa Comba

Hoxe domingo xogáronse en ANOSACANTEIRA feminina dous encontros: o traballado triunfo do Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) na Torre (2-1) ante o Victoria CF B de Primera Autonómica e a derrota pola mínima do Orzán SD Xuvenil en Santa Comba (2-1) ante o Xallas FC, líder da Segunda Autonómica.

Un total de 4 partidos disputáronse onte sábado 8 de febreiro.

Sobresaíu a visita do Dépor ABANCA B ao CD Lugo, resolta cun gol de Michi Apóstol (0-1) aos 29 minutos de partido.

O filial, líder da Tercera Federación con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de Léon, non puido contar con Paula Novo nin con Redru, citada para uns adestramentos coa selección española sub-19.

Si tivo minutos Dunia Dahmouni, que acudirá a un torneo en Turquía coa selección de Marrocos sub-20.

Completa o trío de internacionais Claudia Sande, goleadora co Orzán SD Sub-21 e que esta semana participou nuns adestramentos coa selección española sub-15.

Tamén onte sábado o Orzán SD Cadete venceu ao Santa Cruz CF (0-4), o Orzán SD Infantil A ao Silva SD (10-0) e o Orzán SD Infantil B ao CF Batallador SD (9-3).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación FutFem
19ª xornada: CD LUGO 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Michi Apóstol)

Primeira Autonómica
19ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 2 (Iria Otero e Claudia Sande) - VICTORIA CF B 1

Segunda Autonómica
19ª xornada: XALLAS FC 2 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Marta Moreno)

Liga Galega cadete
15ª xornada: SANTA CRUZ CF 0 - ORZÁN SD CADETE 4 (Sofía Rodríguez, Marta Moreno, Lola Freire e Antía Losada)

Liga Galega infantil
15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Lara Vázquez -2-, Sofía Asensio -2-, Alba García -3-, Zoe Mahía -2- e María López-Perales) - SILVA SD 0
15ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 9 (Nerea Cruz -6-, Blanca Suárez e Daniela Loureiro -2-) - CF BATALLADOR SD 3