ANOSACANTEIRA arrincou unha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos confirmados; ademais dun torneo amigable en Sanxenxo para o San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil.
Os dous primeiros equipos en entrar en xogo foron este martes 26 de agosto o San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia), que venceu (0-1) en O Monte ao San Tirso SD de categoría xuvenil; e o Infantil (na foto inferior), que no campo de herba artificial de Abegondo venceu por 5-0 Imperátor OAR de categoría cadete.
Este mércores 27 hai dous partidos previstos. O Cadete enfróntase no campo de Barraña de Boiro ao CD Boiro de categoría xuvenil. O choque arrincará ás 19:30 horas.
E o San Tirso SD Infantil recibe ás 12:30 en O Monte ao Atlético Coruña Montañeros CF.
En canto ao resto de equipos sobresae o partido do Fabril, que estrea o campo principal de Abegondo este sábado 30 de agosto ás 12:00 ante o Bergantiños CF. O encontro será a porta pechada debido ás obras na instalación branquiazul.
Será o oitavo amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3), o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), o da SD Sarriá en Pontedeume (1-3) e o do Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
Teñen dobre cita o Xuvenil A e Xuvenil B con partidos en Maniños, Miño, Rutis (Vilaboa) e Abegondo.
Finalmente hai torneo amigable, a Sanxenxo Cup, para o San Tirso SD Cadete e o San Tirso SD Infantil.
O calendario de partidos xa confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 30 de agosto ás 12:00 en Abegondo (campo principal)
Categoría xuvenil
SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o mércores 27 de agosto ás 19:30 no campo de O Pote (Maniños)
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 30 de agosto ás 20:00 no campo de Gallamonde (Miño)
OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o venres 29 de agosto ás 20:00 no Complexo Deportivo de Rutis (Vilaboa)
XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 30 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Categoría cadete
CD BOIRO (xuvenil) - CADETE, o mércores 27 de agosto ás 19:30 en Barraña (Boiro)
CADETE - IMPERÁTOR OAR (xuvenil), o venres 29 de agosto ás 17:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
SAN TIRSO SD (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álex Vidal)
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Domingo 31 de agosto
Primera Fase
10:45: SAN TIRSO SD CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF
11:55: AJ LÉREZ B - SAN TIRSO SD CADETE
13:05: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00
Categoría infantil
INFANTIL 5 (Santi Durán -3- e Álvaro Gómez -2-) - IMPERÁTOR OAR (cadete) 0
RACING DE FERROL B (cadete) - INFANTIL, o sábado 30 de agosto ás 19:30 en O Beco (Cedeira)
SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o mércores 27 de agosto ás 12:30 en O Monte
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Sábado 30 de agosto
Primera Fase
10:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ
14:50: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00
