ANOSACANTEIRA atópase inmersa nunha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos confirmados; ademais dun torneo amigable en Sanxenxo para o San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil.
Dous partidos xogáronse este venres 29 de agosto.
En Rutis, o Xuvenil B (na foto principal da noticia) igualou (2-2) co Olímpico CF de Primera Autonómica.
E en Abegondo houbo un espectacular empate a 6 goles entre o Cadete (na foto inferior) e o Imperátor de categoría xuvenil.
Este sábado 30 de agosto ás 12:00 sobresae o partido do Fabril, a porta pechada no campo principal de Abegondo, ante o Bergantiños CF.
É o último test de pretemporada para o equipo de Manuel Pablo antes da primeira xornada de liga prevista para o domingo 7 de setembro ás 12:00 na Cidade Deportiva ante o Burgos CF Promesas.
Até a data, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
A pretemporada do filial a completa un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).
A única baixa no Fabril é a de Manu Ferreiro.
Ademais deste encontro, o Xuvenil A visita ao AD Miño de Preferente ás 20:00, o Xuvenil B recibe ao Atlético Coruña Montañeros CF ás 10:30, o Infantil mídese en Cedeira ao Racing de Ferrol ás 19:30 e o San Tirso SD Infantil participa no campo de O Revel na Sanxenxo Cup.
Tres encontros xogáronse o pasado mércores 27 de agosto.
O Xuvenil A superou por 1-2 no campo de O Pote ao Cultural Maniños de Preferente Autonómica grazas aos goles de Miguel de Labra.
O Cadete perdeu pola mínima (3-2) no campo de Barraña ante o CD Boiro de categoría xuvenil.
E o San Tirso SD Infantil tamén caeu por 2-3 no Monte co Atlético Coruña Montañeros CF.
Os dous primeiros equipos en entrar en xogo foron o martes 26 de agosto o San Tirso SD Cadete, que venceu (0-1) no Monte ao San Tirso SD de categoría xuvenil; e o Infantil, que no campo de herba artificial de Abegondo venceu por 5-0 Imperátor OAR de categoría cadete.
O calendario de partidos xa confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, este sábado 30 de agosto ás 12:00 en Abegondo (campo principal)
Categoría xuvenil
Mércores 27: SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) 1 - XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-)
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, este sábado 30 de agosto ás 20:00 no campo de Gallamonde (Miño)
OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) 2 - XUVENIL B 2 (Guille Ramos e Iago Vázquez)
XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, este sábado 30 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Categoría cadete
Mércores 27: CD BOIRO (xuvenil) 3 - CADETE 2 (Nico Giovanni e Anxo)
CADETE 6 (Picallo, Nico Giovanni -2-, Álvaro -2- e Gandarela) - IMPERÁTOR OAR (xuvenil) 6
Martes 26: SAN TIRSO SD (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álex Vidal)
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Domingo 31 de agosto
Primera Fase
10:45: SAN TIRSO SD CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF
11:55: AJ LÉREZ B - SAN TIRSO SD CADETE
13:05: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00
Categoría infantil
Martes 26: INFANTIL 5 (Santi Durán -3- e Álvaro Gómez -2-) - IMPERÁTOR OAR (cadete) 0
RACING DE FERROL B (cadete) - INFANTIL, o sábado 30 de agosto ás 19:30 en O Beco (Cedeira)
Mércores 27: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nico e Mateo Cortizas) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Sábado 30 de agosto
Primera Fase
10:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ
14:50: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ
En función de clasificación, os equipos pasan a cuartos de final, que comezan ás 17:00
