A fin de semana en ANOSACANTEIRA estivo marcado por dous partidos.
Hoxe domingo 11 de maio o Fabril empatou sen goles co UCAM Murcia no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación disputado en ABANCA-RIAZOR ante máis de 5.000 espectadores.
O partido de volta xogarase o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio BeSoccer La Condomina.
Manuel Pablo espera en Murcia "o mesmo partido, competido. Eles teñen velocidade arriba, bos xogadores", advirte.
Completou o domingo o encontro na Cidade Deportiva entre o Cadete e o Pabellón Ourense CF (5-0) correspondente á 30ª xornada na División de Honra; e o encontro en Elviña Pequeno do Alevín ante o Victoria CF da última xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Venceron os branquiazuis por 0-1, resultado co que se proclamaron campións do grupo norte. En data por determinar, o Alevín xogará nas Eiroas a gran final do trofeo ante o RC Celta, campión do grupo sur.
Onte sábado 10, o Xuvenil A goleou por 0-6 ao CD Tenerife no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións na Cidade Deportiva do CD Tenerife.
"A clave do partido é que fomos nós mesmos", subliñou Miguel Figueira ao concluír o choque.
A volta será o domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, que se poderá ver en directo na canle oficial de YouTube do RC Deportivo.
O CD Tenerife accedeu a esta Copa de Campións como 2º mellor clasificado dos 7 grupos da División de Honra; mentres que o Dépor como o campión do grupo 1º.
O vencedor desta eliminatoria, en franca vantaxe deportivista, clasificarase para a Final Four que se xogará en Ponferrada do 26 de maio ao 1 de xuño.
Á marxe destes dous partidos, onte sábado 10 o Xuvenil B xogou en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo (2-8) e recupera o liderado da Liga Nacional coa derrota do RC Celta B en Ferrol; o San Tirso SD Cadete en Cotogrande (Vigo) co UD Santa Mariña (1-2); o Infantil en Salceda de Caselas ante o Escola de Fútbol DSF (2-2); e o San Tirso SD Infantil no Monte fronte ao Racing de Ferrol (1-1).
Tiveron amigable o Fabril FC Alevín e o Fabril FC Benxamín, este á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Play off de ascenso a Primera Federación
Primeira eliminatoria, ida: FABRIL 0 - UCAM MURCIA 0
Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, ida: CD TENERIFE 0 - XUVENIL A 6 (Rubén -4-, José Rey e David)
Liga Nacional, 31ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 2 - XUVENIL B 8 (Miguel de Labra -3-, Lucas -3-, David e Balbas)
Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: CADETE 5 (Sabino -2-, Pablo Crespo -2- e Elías Trigo) - PABELLÓN OURENSE CF 0
División de Honra, 30ª xornada: UD SANTA MARIÑA 1 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Nikolay e Roi)
Categoría infantil
División de Honra, 27ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2 - INFANTIL 2 (Hugo Ferreirós e Thiago Caamaño)
División de Honra, 27ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crespo) - RACING DE FERROL 1
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 9ª xornada (mércores 7): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - ALEVÍN 10 (Lucas Albor, Álvaro Silva, Hugo Álvarez, Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -4- e Mateo Cortizas)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 11ª xornada (última): VICTORIA CF 0 - ALEVÍN 1 (Mateo Cortizas)
Amigable: MARINO DE MERA 3 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Enzo Fernández -2-, Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o e Andrés Valencia)
Categoría benxamín
Amigable: SANTA CRUZ CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Hugo Cancela -3-, Roma Valhermoso -2-, Anxo Español, Ian Lata e Pablo Campanero)