RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA, co groso da xornada en xogo mañá domingo

O groso da xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA celebrarase mañá domingo. Ás 12:00 xogan en Abegondo o Fabril ante o Alondras CF e o Deportivo ABANCA B ante o CD Oceja.

No filial masculino, que arrincou a liga o pasado domingo con triunfo en Paiosaco (0-1), os convocados por Óscar Gilsanz son os seguintes xogadores: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Marcel, Iano Simao, Fito, Álex Pereira, Dani Barcia, Porto, Brais Val, Rubén, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Iván, Diego Gómez, Mella, Martín Ochoa, Iñaki e Jesús.

No Dépor ABANCA B, Kevin Cabado citou ás seguintes futbolistas: Nuria Gómez, Reigosa, María Calvo, Celia, Lucía Couto, Lucía Mariño e Elena López 'Cusi', Carmen Carballada, Laura Testa, Paula Monteagudo, Marta Rico, Tati, Noela, Laura Otero; e Abril e Lucía Rivas, ambas as do Orzán SD Cadete.

Entre as convocadas están Paula Monteagudo e Noela, con minutos co primeiro equipo o pasado mércores en Copa de la Reina e ante o Rayo Vallecano en liga.

O RC Deportivo mantén activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva para o partido do Fabril (ver condicións aquí)

Tamén ás 12:00 pero en Santa Cruz de Bezana (Cantabria), o Xuvenil A visita ao CD Marina Sport. Media hora máis tarde, ás 12:30, o Xuvenil B visita ao ED Xuventude de Oroso en Sigüeiro, na 2ª xornada da liga Nacional; e para a tarde (16:00 horas), está fixado o choque da Primeira División Autonómica entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o Atlético Arousana.

Hoxe sábado unicamente xogáronse dous partidos oficiais, cos dous equipos cadetes na División de Honra, ambos lonxe de Abegondo: o branquiazul en Pontevedra ante o AJ Lérez (0-4) e o San Tirso SD en Nigrán fronte ao ED Val Miñor Nigrán (2-1).

Onte venres arrincou a recentemente creada División de Honra infantil co partido entre o Deportivo e o San Tirso SD. O choque concluíu con triunfo branquiazul (4-0), con goles de Mauro, Nico, Antón e Íker.

Un interesante test do Fabril o pasado martes en Abegondo ante a selección galega iniciou unha nova semana de partidos e torneos en #ANOSACANTEIRA. O resultado, que é o de menos, favoreceu ao combinado galaico (2-3). Os goles fabrilistas foron obra de Mella e Nájera.

Finalmente continúan en pretemporada os alevíns e benxamíns, con torneos en Santiago, Rio Tinto (Gondomar, Portugal), Ribeira e Arcade; ademais do Orzán SD Cadete Feminino B, con amigable en Meicende mañá domingo.

No Torneo Concello de Ribeira, o Fabril FC Alevín foi subcampión ao caer na quenda de penaltis da final co RC Celta; e en Portugal, na Cart Cup, o Benxamín A disputará mañá domingo os cuartos de final ante o Sporting CP, un dos grandes clubs lusos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Amigable: FABRIL 2 (Mella e Nájera) - SELECCIÓN GALEGA 3
2ª xornada: FABRIL - ALONDRAS CF, o domingo 18 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD OCEJA, o domingo 18 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

Primeira División Autonómica, 2ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - ATLÉTICO AROUSANA, o domingo 18 de setembro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Amigable: SPORTING MEICENDE - ORZÁN SD CADETE FEMININO B, o domingo 18 de setembro ás 19:00 en Meicende

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: CD MARINA SPORT - XUVENIL A, o domingo 18 de setembro ás 12:00 no campo Soto de la Marina (Santa Cruz de Bezana)

Liga Nacional, 2ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - XUVENIL B, o domingo 18 de setembro ás 12:30 no campo Lino Balado de Sigüeiro (Oroso)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: AJ LÉREZ 0 - CADETE 4 (Lucas, Dani, André e Íker Gil)

División de Honra, 2ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo)

Categoría infantil
División de Honra, 1ª xornada: INFANTIL 4 (Mauro, Nico, Antón e Íker) - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevín
I Torneo Deputación da Coruña nas Cancelas (Santiago)
Domingo 18 de setembro
Primeira Fase
11:15: ALEVÍN A - TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA
12:55: EF IRMANDIÑOS - ALEVÍN A

Os dous primeiros xogarán unha Fase Final mentres que o terceiro disputará unha Fase de Consolación.

II Torneo de fútbol basee Concello de Ribeira (campo da Fieiteira)
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nacho Villanueva -2- e David Gómez)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - ED VAL MIÑOR 1
CIDADE DE RIBEIRA CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez -3-)

Semifinais

FABRIL FC ALEVÍN 6 (Martín López -2-, David Gómez, Nacho Villanueva, Hugo Macedo e Iván Gil) - CD CONXO SANTIAGO 1

Final

FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3

Categoría benxamín
Cart Cup no Complexo Fernando Pedrosa (Río Tinto, Portugal)
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao, Miguel Candal, Hugo Bujía, Javi Meiriño, Pablo Sánchez e Mateo Carballeira) - RÍO AVE 0
BENXAMÍN A 5 (Hugo Quintela -2-, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Hugo Bujía) - SC SALGUEIROS 2
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao -2-, Hugo Bujía, Javi Meiriño, Miguel Candal e Mateo Carballeira) - GONDOMAR SC 0

Domingo 18 de setembro

Cuartos de final

10:45: BENXAMÍN A - SPORTING CP

Torneo de Arcade
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - EF DENIS SUÁREZ 0
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Alberto Novo)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Yago Prieto e Leo Lorenzo) - PABELLÓN OURENSE CF 5

Fase de Consolación

Cuartos de final

FABRIL FC BENXAMÍN 0 - UD SANTA MARIÑA 2

II Torneo de fútbol basee Concello de Ribeira (campo da Fieiteira)
Domingo 18 de setembro
Primeira Fase
10:30: ED XUVENTUDE DE OROSO - FABRIL FC BENXAMÍN
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED VAL MIÑOR
12:30: EQUIPO CLASIFICADO DA PREVIA - FABRIL FC BENXAMÍN

Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais, mentres que os dous seguintes xogarán unha Fase de Consolación.