Nova semana de competición para #ANOSACANTEIRA, que celebra a convocatoria de Kevin Sánchez pola selección española sub-19 para unha concentración na localidade alacantina de Alfaz do Pi do luns 9 ao mércores 12.
Estaba previsto un dobre partido #ante Israel, suspendido pola situación que atravesa o país israelí.
O atacante xuvenil colle a substitución de Elena Vázquez e Lucía Rivas, convocadas pola selección española sub-17 esta semana nuns adestramentos na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).
En canto ao fin de semana, carrusel de partidos en todas as categorías, ademais de amigables para alevíns e benjamines en Sada e no Monte na recta final da súa pretemporada.
Hoxe domingo o choque destacado foi o do Xuvenil A ante a SD Revilla. Os branquiazuis confirmaron cun partido redondo (8-1) a súa recuperación despois tamén do claro triunfo en Vigo ante o Coruxo FC de hai 7 días.
Completaron a xornada os 'orzanes' con 2 partidos en La Torre: Orzán SD Xuvenil Femenino de Primera Autonómica (5-1) e Orzán SD Infantil A Femenino (4-1); co Orzán SD B sub-16 Femenino de Segunda Autonómica en Santiso (1-1); e co Orzán SD Cadete Femenino de Liga Galega en Lugo (0-13).
Onte sábado xogaron os dous filiais e desenvolveuse o groso da xornada, cun total de 12 partidos.
En Abegondo, o Fabril (na foto da noticia) igualou (0-0) coa SD Compostela. Os fabrilistas suman o seu terceiro partido sen perder, con 7 puntos de 9 posibles.
Óscar Gilsanz destacou en rolda de prensa que "empezamos moi ben, tentando afastar ao Compos da nosa área e facendo posesións longas para ser nós os que llegaramos e coa presión tras perda, recuperar. Chegaron dúas situacións de balón parado preto da súa área".
O técnico fabrilista admitiu que ao seu equipo "ía tocar sufrir en fases do partido, onde o Compos con balón ten moita calidade individual, con futbolistas dun nivel moi alto. Tivemos que defender afundidos, co risco que iso conleva porque Manu Barreiro na área é un perigo en calquera situación de centro lateral, aínda que os nosos centrais estiveron a bo nivel".
Destaca as ocasións de gol de Diego Gómez e de Marc "pero non podo considerar inxusto o resultado nun partido onde houbo moitas alternativas e nos últimos 10 minutos nos encontrabamos un pouco cansos e non tiñamos a frescura necesaria. Cando non es capaz de gañar en 80 minutos non o perdas en 10. Ao final tivemos que nadar e gardar a roupa porque o rival apertounos ao final".
Así mesmo, o Deportivo ABANCA B superou por 0-3 ao Gijón FF no seu segundo partido consecutivo lonxe de Abegondo. As branquiazuis recuperáronse ben da derrota da pasada fin de semana co Lóstrego CF.
En canto ao resto de partidos, o groso da xornada foi onte sábado, aínda que con só tres partidos en casa: o do Xuvenil B, líder en solitario da liga Nacional, ante o CVC Valladares (4-0); o do San Tirso SD Infantil no Monte ante o CD Lugo (2-4); e o do Orzán SD Infantil B Femenino ante o Sporting Burgo (0-5) na Liga Galega infantil.
Lonxe de Abegondo xogou o Cadete, que gañou ao UD Ourense (3-5) e segue con paso firme a súa andaina na División de Honra. Deste equipo, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Leandro foron citados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable o mércores 11 de outubro ás 19:30 no campo de Valiño de Boiro ante o CD Boiro de Liga Nacional xuvenil.
Así mesmo, o San Tirso SD Cadete caeu na Coruña (1-0) co Atlético Coruña Montañeros Cf. Nos 'verdes', Gael, Mauro e Samba tamén están convocados coa selección galega sub-16 para o amigable de Boiro.
Na Coruña tamén xogou o Infantil, que superou ao Victoria CF na Grela 1 (0-6). Deste equipo, Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban foron convocados para un amigable da selección galega sub-14 o mércores 11 de outubro ás 17:30 no campo de Valiño (Boiro) ante o EFM Concello de Boiro; aos que hai que sumar a Hugo Ferreiro e Antón Vilariño, do San Tirso SD Infantil.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
Tercera Federación Futfem, 5ª xornada: GIJÓN FF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Primera Autonómica, 4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 5 (Dunia Dahmouni -2-, e Noe Gómez -3-) - LÓSTREGO CF B 1
Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 3ª xornada: UD SANTISO FC 1 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Teresa Figueiras)
Liga Galega, subgrupo 1º, 3ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 13 (Valentina Millón, Candela Fernández -2-, Sofía Milhem -2-, Daniela Macedo -4-, Valeria Montero, Alexia Freire e Sofía Rodríguez -2-)
Liga Infantil, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 4 (Claudia Sande -2-, Lara Vázquez e Marta Moreno) - SCD PASTORIZA 1
Liga Infantil, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 0 - SPORTING BURGO 5
Segunda Federación
6ª xornada: FABRIL 0 - SD COMPOSTELA 0
Categoría xuvenil
División de Honra, 6ª xornada: XUVENIL A 8 (Álex Delgado -2-, Ayman -2-, Manu Ferreiro, Guerrero, Domínguez e un futbolista rival en propia meta) - SD REVILLA 1
Liga Nacional, 5ª xornada: XUVENIL B 4 (Samuel Vázquez, Lucas -2- e Rubén) - CVC VALLADARES 0
Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: UD OURENSE 3 - CADETE 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
División de Honra, 5ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Categoría infantil
División de Honra, 4ª xornada: VICTORIA CF 0 - INFANTIL 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)
División de Honra, 4ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Gandarela e Yael) - CD LUGO 4
Categoría alevín
Amigable: SADA CF 1 - ALEVÍN A 3 (David Gómez -3-)
Amigable: SAN TIRSO SD A 4 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Íker Ferreiro, Hugo Bujía e Xiao Fontao)
Categoría benjamín
Amigable: SADA CF 0 - BENJAMÍN A 12 (Álex Casado -3-, Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Mateo Cardelle -2-, Mateo Songo'o, Alberto Novo e Adrián Liñares)
Amigable: SAN TIRSO SD 0 - FABRIL FC BENJAMÍN 8 (Leo Galván -2-, Yoel Losada -2-, Martín Coronel -2-, Nico Castro e César Lodeiro)