RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con derrota no 93 do Dépor ABANCA B en Vigo; e calendario deste domingo

Este domingo 12 de outubro xóganse dous encontros en ANOSACANTEIRA feminina.

En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21, instalado na zona media, visita ao Domaio FC (12:00); e o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica ao CD Arenteiro (17:00).

A atención da fin de semana estivo na visita do Deportivo ABANCA B ao RC Celta este sábado 11 de outubro na Madroa, en partido correspondente á 6ª xornada en Segunda Federación.

Causou baixa nas Nosas a gardameta internacional Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Mundial de Marrocos.

O partido decidiuse cun gol céltico no minuto 93 que castigou en exceso un bo traballo das branquiazuis.

Tamén este sábado 11 xogaron en Liga Galega o Orzán SD Cadete ante o Silva SD (8-0); e os infantís fronte ao Racing de Ferrol (4-4) e AD Cristo Rey (1-1).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
6ª xornada: RC CELTA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Tercera Federación
4ª xornada: DOMAIO FC - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 12 de outubro ás 12:00 na Granxa (Domaio)

Primera Autonómica
4ª xornada: CD ARENTEIRO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 12 de outubro ás 17:00 na Uceira (O Carballiño)

Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE 8 (Alba García, Carla Miranda, Aldara Ferreira, Lola Freire, Daniela Barbanzán -2- e Marta Moreno -2-) SILVA SD 0

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 2ª xornada: RACING DE FERROL 4 - ORZÁN SD INFANTIL 4 (Inés Neira, Daniela Mingo, Lara Vázquez e María López-Perales)

Grupo 2º, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Sasha Abigail) - AD CRISTO REY 1