RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con empate este domingo do Dépor ABANCA B e derrota do Orzán SD Sub-21 en Boiro

ANOSACANTEIRA feminina volveu á competición despois do parón do Nadal.

Todos os partidos xogáronse este domingo 11 salvo un deles o sábado 10.

O Orzán SD Cadete, 2º da Liga Galega con 25 puntos, enfrontábase ao Victoria CF, líder con 27 puntos, na Torre.

Houbo repartición de puntos (1-1) e as cousas seguen como estaban na táboa.

Xa o domingo, o Deportivo ABANCA B rabuñou un punto ante o Atlético de Madrid C (0-0) na Cidade Deportiva Alcalá de Henares.

As branquivermellas manteñen a súa vantaxe de 2 puntos sobre as branquiazuis no centro da táboa: 17 por 15 puntos.

No filial deportivista Antía Veiga regresa á selección española sub-17 para uns adestramentos. A gardameta foi titular no combinado nacional nos 3 partidos da recente Rolda 1 do Campionato de Europa.

En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 tamén xogou fóra de casa,  con derrota pola mínima (1-0) en Boiro.

Neste equipo é Claudia Sande a que se incorporará a próxima semana á selección española sub-16 para unhas sesións de traballo en Las Rozas.

Completou a xornada a derrota do Orzán SD Xuvenil ante a UD Carral (0-1) e a do Orzán SD Infantil B ante o AD Cristo Rey (2-1); e o triunfo do Orzán SD Infantil A fronte ao Racing de Ferrol (6-1).

Os resultados foron os seguintes:

Segunda Federación
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID C 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Tercera Federación
13ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO 1 - ORZÁN SD SUB-21 0

Primera Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 0 - UD CARRAL 1

Liga Galega cadete
11ª xornada: ORZÁN SD CADETE 1 (Daniela Barbanzán) - VICTORIA CF 1

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 11ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 6 (Alba García, Lara Vázquez, María López-Perales, Lorena Anastase, Candela Vázquez e unha futbolista rival en propia meta) - RACING DE FERROL 1

Grupo 2º, 11ª xornada: AD CRISTO REY 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Noa Saiz)