RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con goleada do Dépor ABANCA B e vitoria do Orzán SD Sub-21 ao RC Celta B

Dous partidos hoxe domingo 16 centraron a atención en ANOSACANTEIRA feminina.

En Abegondo, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, goleou por 8-0 ao Sporting de Gijón B nun partido con pouca historia.

No filial, Redru e Elena Vázquez foron citadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

As canteirás toman a substitución neste combinado nacional de Marina Artero e de Olaya.

Tamén Dunia Dahmouni acudirá coa selección sub-20 de Marrocos a un torneo en Turquía.

E en Madroa, o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) impúxose (1-2) ao RC Celta B, con remontada incluída, e recupera o liderado da Primera Autonómica.

Completou a atractiva xornada dominical a derrota (2-1) do Orzán SD Xuvenil na Reigosa ante o PM Friol B cun gol das lucenses no minuto 90.

Antes, onte sábado 15 xogaron e gañaron o Orzán SD Cadete ante o Sporting Burgo (4-1), o Orzán SD Infantil A fronte ao CF Batallador SD (0-10) e o Orzán SD Infantil B contra o CD As Pontes (3-2).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 8 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani -3-, Lucía Mariño -2-, Laura Otero e Yanis Citoula) - SPORTING DE GIJÓN B 0

Primera Autonómica
20ª xornada: RC CELTA B 1 - ORZÁN SD SUB-21 2 (Ana Capelo e Claudia Sande)

Segunda Autonómica
20ª xornada: PM FRIOL B 2 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Lola Freire)

Liga Galega cadete
16ª xornada: ORZÁN SD CADETE 4 (Marta Moreno -3- e Naiara Fontenla) - SPORTING BURGO 1

Liga Galega infantil
16ª xornada: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 10 (Alba García -4-, Carolina Lago -3-, María López-Perales -2- e Leire Vicente)
16ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Nerea Cruz -2- e Daniela Loureiro) - CD AS PONTES 2