RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con homenaxe hoxe domingo para o Dépor ABANCA B en ABANCA-RIAZOR e título para o Orzán SD Sub-21

O Dépor ABANCA B foi homenaxeado en ABANCA-RIAZOR, no descanso do partido do primeiro equipo ante o Sevilla FC, polo seu título de campéon da Tercera Federación e polo seu consecuente ascenso a Segunda Federación.

As Nosas, que portaban o trofeo, recibiron o agarimo de #ANOSAFORZA, que acudiu en masa a apoiar ao Dépor ABANCA de Fran Alonso.

Por outra banda, dous partidos xogáronse hoxe domingo 11 de maio en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia), xa co ascenso a Tercera Federación no peto, venceu por 1-3 ao EFM Concello de Boiro e proclamouse campión de liga.

E en Cee, o Orzán SD Xuvenil superou por 3-6 ao UC Cee e sitúase en posto de promoción de ascenso a Primera Autonómica.

Onte sábado disputáronse outros 3 encontros.

O Orzán SD Cadete venceu por 2-1 en San Pedro de Visma ao Bergantiños CF no partido de volta da Fase Final polo Título Galego. A eliminatoria estaba sentenciada a favor das orzanistas cun 0-10 do partido de ida nas Eiroas.

E en infantís, o Orzán SD A, líder do grupo 1A de a Segunda Fase, venceu ao Racing de Ferrol (0-2) e o B, á fronte do grupo 2A, ao UC Cee (6-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Primera Autonómica
30ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO 1 - ORZÁN SD SUB-21 3 (Dunia Dahmouni e unha futbolista rival en propia meta)

Segunda Autonómica
30ª xornada: UC CEE 3 - ORZÁN SD XUVENIL 6 (Sofía Rodríguez -4-, Marta Moreno e Carmen Traba)

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título Galego cadete, cuartos de final, volta: ORZÁN SD CADETE 2 (Antía Losada e Carmen Couto) - BERGANTIÑOS CF 1. Na ida: 0-10

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 7ª xornada: RACING DE FERROL 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 2 (Telma García e Daniela Arrojo)

Grupo 2A, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 6 (Daniela Loureiro, Nerea Cruz -2-, Inés Novo, Claudia García e Amaya Wirtz) - UC CEE 0