RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRAMar 9, 2025

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfos hoxe domingo do Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil

Hoxe domingo 9 de marzo xogáronse dous partidos en ANOSACANTEIRA feminina.

O Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia), en plena loita polo liderado da Primera Autonómica, venceu en Santiago ao Victoria FC B (0-6); e o Orzán SD Xuvenil ao Orillamar SD en Segunda Autonómica (2-4).

O partido entre o RC Celta e o Dépor ABANCA B onte sábado en ABANCA-Balaídos centrou a atención da fin de semana.

Ambos os equipos, co Olímpico de León, pelexan polo título do grupo 1º de Tercera Federación que leva consigo o consecuente ascenso a Segunda.

Venceron As Nosas (1-2) cun gol de Marta Rico no desconto. Con este resultado, o Dépor ABANCA B recupera a 2ª posición con 58 puntos, a 2 do líder, o Olímpico de León.

Tamén onte sábado o Orzán SD Cadete venceu ao Escuela FB Amistade (7-0) e o Orzán SD Infantil A aoTorre SD (9-0) en partido da 13ª xornada aprazado no mes xaneiro polo temporal.

Pola súa banda, o Orzán SD Infantil B non puido puntuar na súa visita ao SCD Milagrosa (5-0). Con este resultado, o conxunto orzanista finalizou a Liga Galega en 5ª posición con 27 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
23ª xornada: RC CELTA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Otero e Marta Rico)

Primera Autonómica
22ª xornada: VICTORIA FC B 0 - ORZÁN SD SUB-21 6 (Dunia Dahmouni -4-, Daniela Macedo e Iria Otero)

Segunda Autonómica
22ª xornada: ORILLAMAR SD 2 - ORZÁN SD XUVENIL 4 (Ángela Cotelo -2-, Lola Freire e Sara Montes)

Liga Galega cadete
18ª xornada: ORZÁN SD CADETE 7 (Claudia Sande -3-, Ángela Cotelo, Marta Moreno, Lola Freire e unha futbolista rival en propia meta) - ESCUELA FB AMISTADE 0

Liga Galega infantil
13ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 9 (María López-Perales -3-, Alba García -3-, Zoe Mahía, Elena Rodríguez e Amaia Sanjurjo) - TORRE SD 0
18ª xornada: SCD MILAGROSA 5 - ORZÁN SD INFANTIL B 0