RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con vitorias hoxe domingo do Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil

Hoxe domingo en ANOSACANTEIRA feminina o Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica (na foto da noticia) venceu ao Lóstrego CF B (0-2) coa baixa de Dunia Dahmouni concentrada coa selección de Marrocos sub-20 para dous amigables ante Costa de Marfil; e o Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica ao Sporting Meicende (1-3). 

O partido do Deportivo ABANCA B ante o Real Oviedo B onte sábado foi o partido máis destacado da fin de semana.

As branquiazuis impuxéronse con claridade (0-4) cun hat trik de Paula Monteagudo e suman 31 puntos na 2ª praza da Tercera Federación.

Tamén onte xogáronse tres encontros da Liga Galega: o Orzán SD Cadete en Narón (3-6), o Orzán SD Infantil A ante o Victoria CF (0-5) e o Orzán SD Infantil B ante o SCD Milagrosa (1-5).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
13ª xornada: REAL OVIEDO B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)

Primera Autonómica
12ª xornada: LÓSTREGO CF B 0 - ORZÁN SD SUB-21 2 (Candela Fernández e Daniela Macedo)

Segunda Autonómica
12ª xornada: 12ª xornada: SPORTING MEICENDE 1 - ORZÁN SD XUVENIL 3 (Sara Montes, Nadia Longueira e Alexia Freire)

Liga Galega cadete
9ª xornada: CD NARÓN 3 - ORZÁN SD CADETE 6 (Martina Santamarina -2-, Antía Losada -2-, Naiara Fontenla e Carmen Couto)

Liga Galega infantil
9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 0 - VICTORIA CF 5
9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Daniela Loureiro) - SCD MILAGROSA 5