RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, cunha vitoria e un empate onte domingo 4 de maio

ANOSACANTEIRA feminina tivo onte domingo 4 de maio os encontros do Orzán SD Sub-21 (na foto principal da noticia), xa ascendido a Tercera Federación, ante o Sporting Cambre (5-0) e o do Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica ante o Sporting Burgo (1-1), resultado que o mantén en postos de promoción de ascenso a Primera Autonómica.

O sábado, o Dépor ABANCA B recibiu a súa merecida homenaxe polo seu título de Tercera Federación e consecuente ascenso a Segunda logrado a pasada fin de semana coa súa vitoria ante o CD Bovedana.

Nos prolegómenos do último partido de liga, ante o CD Parquesol no campo 5 de Abegondo, As Nosas recolleron a copa de campioas de mans de Juan Villamisar, vicepresidente da Federación Galega.

O conxunto valisoletano fixo o corredor de honra ás campioas, que liquidaron o encontro sen problemas (13-0).

Tamén o sábado 3 xogaron os dous equipos infantís: o A na Torre ante o SCD Pastoriza (3-0) e o B en Os Regos ante o Santa Cruz CF (2-4).

Ademais, as canteirás Antía Veiga, Martina Santamarina, Daniela Macedo, Claudia Sande e Marta Moreno estiveron concentradas coa selección galega sub-16 na Fase de Plata do Campionato de España por autonomías.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera Federación
30ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B 13 (Michi Apóstol -4-, Marta Rico -2-, Paula Monteagudo -3-, Noelia Mayo -2-, Lucía Mariño e Laura Ruiz) - CD PARQUESOL 0

Primeira Autonómica
29ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 5 (Dunia Dahmouni -3-, Ángela Cotelo e Iria Otero)- SPORTING CAMBRE 0

Copa da Coruña
Cuartos de final (xoves 1 de maio): SCD PASTORIZA 1 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Dunia Dahmouni). A penaltis: 3-1

Segunda Autonómica
29ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Alexia Freire) - SPORTING BURGO 1

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Alba García, Valentina Fernández e Telma García) - SCD PASTORIZA 0

Grupo 2A, 6ª xornada: SANTA CRUZ CF 2 - ORZÁN SD INFANTIL B 4 (Nerea Cruz -3- e Inés Novo)