RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, hoxe domingo cun empate na Torre e un triunfo en Vigo

Dous partidos xogáronse este domingo 28 de setembro en ANOSACANTEIRA feminina a falta de arrincar as competicións en categoría cadete e infantil.

O Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) empatou (1-1) ante o EFM Concello de Boiro na Torre. Daniela Macedo foi a autora do único tanto orzanista.

Con este resultado, o Orzán SD Sub-21 suma o seu primeiro punto na competición.

Pola súa banda, o Orzán SD Xuvenil superou por 0-1 ao Sárdoma CF B cun gol de Carmen Traba no minuto 4.

Neste caso as orzanistas, con 3 puntos, ocupan a 11ª posición na Primera Autonómica.

Este sábado 27 destacou o partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial.

Venceron As Nosas por 0-1 con gol de Michi Apóstol no minuto 15.

Con este resultado, o filial suma 10 puntos na zona alta da clasificación en Segunda Federación.

Ambos os equipos tamén se viron as caras esta pasada pretemporada nun amigable disputado en Tapia de Casariego. Tamén gañou por 0-1 o Dépor ABANCA B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
4ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Michi Apóstol)

Tercera Federación
2ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Daniela Macedo) - EFM CONCELLO DE BOIRO 1

Primera Autonómica
2ª xornada: SÁRDOMA CF B 0 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carmen Traba)