RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A visita do CF Fuenlabrada, líder do grupo 1º da Segunda División B, ao Fabril, mañá domingo 27 ás 12:00, é o partido destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, recibiu un novo reforzo a principios de semana, o lateral zurdo Juanmi Carrión. Ademais do novo defensor branquiazul, outros 3 futbolistas apontoaron o cadro do filial: Ignacio Abeledo, Arturo Segado e Leto. Estes xa debutaron a pasada fin de semana no derbi de Barreiro ante o RC Celta B. Sergio Pellicer citou a todo o seu cadro para o choque ante o primeiro clasificado.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Ademais, hai cuádruplo enfrontamento co CD Lugo en xuvenís e cadetes. O de Xuvenil A (División de Honra) e Cadete B (grupo norte da liga Galega) serán en Abegondo mañá domingo 27 ás 17:00. Para isto partidos, os socios deportivistas teñen libre entrada á Cidade Deportiva; e para o público, a entrada vale 3 euros.

Os outros dous, Xuvenil B (1-1) e Cadete A (0-4) xogáronse hoxe sábado no campo da Reigosa de Friol (Lugo).

O partido do Deportivo ABANCA B da Primeira Autonómica feminina, domingo 27 ás 16:00, completa o calendario de partidos na Cidade Deportiva para esta fin de semana. Os afeccionados teñen entrada libre para este choque do líder da categoría.

Finalmente, o Infantil A impúxose (3-5) ao RC Celta nun espectacular partido correspondente á 3ª xornada da Fase polo Título da liga Galega. Ambos os equipos son os máximos aspirantes á medalla de ouro nesta parte da temporada, que se celebra con formato de liga a unha soa volta.

Teñen descanso o Alevín A, cuxo partido de volta de oitavos de final da liga Comarcal ante o Imperátor OAR xógase o sábado 2 de febreiro; e Alevín B e Benxamín B, que arrincarán a segunda fase da Segunda Comarcal tamén ese mesmo día 2.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL - CF FUENLABRADA, o domingo 27 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ARCADIA EF, o domingo 27 de xaneiro ás 16:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 21ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 27 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo

Liga Nacional, 20ª xornada: CD LUGO B 1 - XUVENIL B 1 (Batista)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CD LUGO 0 - CADETE A 4 (Dani Barcia, Padín, Antón e Noel)

Liga Galega, grupo norte, 20ª xornada: CADETE B - CD LUGO B, o domingo 27 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo

Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 3ª xornada: RC CELTA 3 - INFANTIL A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 22ª xornada: ONCE CABALLEROS CF - INFANTIL B, o domingo 27 de xaneiro ás 10:00 no campo de Lendoiro - A Barcala

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: BENXAMÍN A 0 - CD CALASANZ A 0