RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Os dous equipos xuvenís de #ANOSACANTEIRA e o Deportivo ABANCA B retoman a competición esta fin de semana.

O Xuvenil A impúxose (4-0) en Abegondo ao Racing de Ferrol hoxe sábado. Os branquiazuis pelexan co RC Celta polo liderado do subgrupo A da División de Honra.

Pola súa banda, o partido do Xuvenil B no campo Manolo Barreiro ante o Pontevedra CF pasa de hoxe sábado 20 a mañá domingo 21 ás 13:00 horas debido á alerta metereológica derivada da borrasca Karim, que esta fin de semana afecta a Galicia.

O filial feminino desprázase a Vigo para medirse ao CD Valladares, mañá domingo 21 a partir das 11:45. As branquiazuis pelexan co Viajes InterRías FF polo liderado do subgrupo A de Primeira Nacional.

Kevin Cabado poderá contar con María Figueroa e Eva Dios, con minutos de xogo na Primera Iberdrola nos últimos partidos co Dépor ABANCA, que ten descanso esta fin de semana. Eva acaba de chegar de Marbella, onde estivo concentrada coa selección española sub-19.

Tamén xoga o Fabril, despois de que o Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol establecese as datas para a celebración dos partidos que ten aprazados debido á pandemia de COVID-19 no subgrupo A da Terceira División.

Así, o partido do filial deportivista en Arzúa ante o CSD Arzúa (xornada 15ª) celébrase mañá domingo 21 de febreiro ás 16:30 no campo do Viso.

Juan Carlos Valerón recibiu o reforzo de Adri Castro, que se adestra diariamente con Rubén de la Barrera no primeiro equipo. Ademais do dianteiro coruñés están citados os seguintes xogadores: Brea, Alberto, Reinoso, David Suárez, Juan Rodríguez, Yuste, Kanouté, Javi Sanmartín, Barba, Prendes, Guedes, Pescador, Javi Sánchez, Sarmiento, Boedo e Cambón; ademais dos xuvenís Trilli, Guille Bueno e Yeremay.

Son baixa forzosa por lesión Iván Guerrero e Manu Mosquera.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 15ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o domingo 21 de febreiro ás 16:30 no campo do Viso (Arzúa)

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 14ª xornada: CD VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de febreiro ás 11:45 na Gándara (Valladares, Vigo)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 16ª xornada: XUVENIL A 4 (Nájera -2-, Nico e Fito) - RACING DE FERROL 0

Liga Nacional, subgrupo A, 13ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL B, o domingo 21 de febreiro ás 13:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)