RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado, con triunfo dun Fabril líder; e calendario do domingo, con ONOSODERBI xuvenil no Arsenio Iglesias e en YouTube

Para este domingo 11 de xaneiro queda a outra gran cita da fin de semana en ANOSACANTEIRA.

O Xuvenil A e o RC Celta ven as caras no campo Arsenio Iglesias ás 12:00 co liderado da División de Honra en xogo.

A este partido, primeiro da segunda volta, os celestes chegan por diante na táboa con 36 puntos por 34 os branquiazuis.

Na Madroa na primeira parte da competición gañou o RC Celta por 1-0.

O encontro, de libre acceso á bancada do Arsenio Iglesias, poderase seguir tamén na canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Esta semana, o Xuvenil A soubo que se enfrontará ao AD Sporting Hortaleza nos deciseisavos de final da Copa del Rey, eliminatoria que se disputará o sábado 17 de xaneiro no Dépor Training Center.

Este sábado 10 a atención estivo tamén no campo Arsenio Iglesias.

O Fabril, líder da Segunda Federación e campión de inverno, dobregou por 2-1 ao Coruxo FC no inicio da segunda volta.

Decidiu o encontro un tanto de Pablo Cortés na recta final.

O vestiario fabriista celebra ademais a convocatoria de Samu para un partido amigable da selección española sub-19 ante Italia a próxima semana.

Ademais o sábado 10 xogaron en casa o San Tirso SD Cadete (3-2 no Monte ante o Victoria CF), o Infantil (14-0 no Dépor Training Center fronte ao Escola de Fútbol DSF), o Alevín A (10-0 na La Torre ante o Olímpico CF) e o Benxamín A (13-0 na Torre ante o Oza Juvenil SD).

Fóra o Xuvenil B (na foto principal da noticia) venceu ao Alondras CF (0-5 en O Morrazo)e o San Tirso SD Infantil ao Atlético Coruña Montañeros CF (2-3 en Elviña Grande); e o Fabril FC Benxamín caeu co ED Luis Calvo Sanz (5-1 nas Eiroas).

Dous partidos adiantáronse ao fin de semana no regreso á competición do groso de equipos de ANOSACANTEIRA após o parón do Nadal.

O Cadete, líder da División de Honra, superou por 5-0 este venres 9 no Dépor Training Center ao Racing de Ferrol.

Este xoves 8 de xaneiro, o Fabril FC Alevín venceu tamén por 5-0 á UD Carral no Municipal Rodríguez Ans en partido correspondente á 11ª xornada da Primera Futgal A Coruña aprazado o pasado 6 de decembro de 2025.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
18ª xornada: FABRIL 2 (Nájera e Pablo Cortés) - CORUXO FC 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 16ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Liga Nacional, 17ª xornada: ALONDRAS CF 0 - XUVENIL B 5 (Pablo Crespo -3-, Sergio Míguez e Roi Cabada)

Categoría cadete
División de Honra, 14ª xornada: CADETE 5 (Iago Varela -2-, Yerobe e Nico Giovanni -2-) - RACING DE FERROL 0
División de Honra, 14ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Íker Obeso, Hugo Ferreirós e un futbolista rival en propia meta) - VICTORIA CF 2

Categoría infantil
División de Honra, 14ª xornada: INFANTIL 14 (Santi Durán -4-, Yoel Darriba, David Gómez -4-, Jorge Fernández, Gael Seijo -2-, Álvaro Gómez e Aritz Fernández) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 0
División de Honra, 14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Mateo Cortizas -2- e Yago Fernández)

Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 14ª xornada: ALEVÍN A 10 (Alberto Novo -3-, Diego Castelo -2-, Saúl Cancela, Adrián Liñares, Adrián Prieto, Enzo Fernández e Andrés Valencia) - OLÍMPICO CF 0
Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Nicolás Castro, César Leira, Marco Dios, Manuel Parada e Leo Galbán) - UD CARRAL 0
Primera Futgal A Coruña, 14ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o martes 13 de xaneiro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría benxamín
Primeira Futgal A Coruña, 14ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Ian Lata -4-, Pablo Campanero -3-, Hugo Cancela -2-, Xosé Varela, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - OZA JUVENIL SD 0
Primera Futgal A Coruña, 14ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álex Martínez)