RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendario deste domingo, con epicentro en Bóveda de Toro

A fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina pasa pola localidade zamorana de Bóveda de Toro. Neste pobo de apenas 680 habitantes, o Dépor ABANCA B pode lograr este domingo 27 ás 12:00 o ascenso a Segunda Federación por primeira vez na súa historia.

Ao filial élle suficiente con derrotar ao CD Bovedana, 8º na táboa con 45 puntos.

Iso si, se o RC Celta non gaña o seu partido ante o Olímpico de León, á mesma hora na Madroa, o ascenso será matemático para As Nosas.

En canto ao resto da xornada, hoxe sábado 26 o Orzán SD Cadete certificou o seu pase ás semifinais da Liga Galega ao golear (0-10) ao Bergantiños CF no partido de ida.

Ás 11:00 xogaron, e gañaron, os infantís na segunda fase da Liga Galega, o A (na foto da noticia) en Lugo ante o SCD Milagrosa (0-2) e o B en Eirís ante o UD Cerqueda (2-1).

Para mañá domingo 27 quedan ademais o partido do Orzán SD Sub-21 en Calo (18:45) na Primera Autonómica e do Orzán SD Xuvenil na Torre ante o SCD Pastoriza (18:00) en Segunda Autonómica.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
29ª xornada: CD BOVEDANA - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 27 de abril ás 12:00 no Complexo Deportivo Municipal de Bóveda de Toro

Primera Autonómica
28ª xornada: SR CALO - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 27 de abril ás 18:45 no Municipal de Rebordelo (Teo)

Segunda Autonómica
28ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD PASTORIZA, mañá domingo 27 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título Galego cadete, cuartos de final, ida: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Marta Moreno -4-, Daniela Macedo, Sofía Rodríguez, Ángela Cotelo, Carla Álvarez -2- e Carmen Couto)

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 5ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 2 (Carolina Lago e Valentina Fernández)

Grupo 2A, 5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Nerea Cruz -2-) - UD CERQUEDA 1