RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina, con contundente vitoria do Dépor ABANCA B en Oviedo

O partido do Deportivo ABANCA B ante o Real Oviedo B hoxe sábado o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

As branquiazuis impuxéronse con claridade (0-4) cun hat trik de Paula Monteagudo e suman 31 puntos na 2ª praza da Tercera Federación.

Tamén hoxe xogáronse tres encontros da Liga Galega: o Orzán SD Cadete en Narón (3-6), o Orzán SD Infantil A (na foto inferior) ante o Victoria CF (0-5) e o Orzán SD Infantil B ante o SCD Milagrosa (1-5).

Mañá domingo 1 de decembro, o Orzán SD Sub-21 de Primera Autonómica visita ao Lóstrego CF B (13:00) coa baixa de Dunia Dahmouni concentrada coa selección de Marrocos sub-20 para dous amigables ante Costa de Marfil; e o Orzán SD Xuvenil de Segunda Autonómica enfróntase en Meicende ao Sporting Meicende (17:00 horas). 

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera Federación
13ª xornada: REAL OVIEDO B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)

Primera Autonómica
12ª xornada: LÓSTREGO CF B - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 1 de decembro ás 13:00 horas na Gándara (Chaín, Gondomar)

Segunda Autonómica
12ª xornada: 12ª xornada: SPORTING MEICENDE - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 1 de decembro ás 17:00 en Meicende Grande (Arteixo)

Liga Galega cadete
9ª xornada: CD NARÓN 3 - ORZÁN SD CADETE 6 (Martina Santamarina -2-, Antía Losada -2-, Naiara Fontenla e Carmen Couto)

Liga Galega infantil
9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 0 - VICTORIA CF 5
9ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Daniela Loureiro) - SCD MILAGROSA 5