RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> A vitoria do Deportivo no Juan Acuña

A vitoria do Deportivo ante o Girondins de Bordeus por dous goles a cero co que os de Irureta conseguiron o Trofeo Juan Acuña e aprobaron a última proba antes do inicio da liga centra toda a atención dos medios, así como a lista de xogadores para a liga d

La Voz de Galicia

Un triunfo a medio gas, di A Voz, que asegura que o Deportivo derrotou con comodidade ao Girondins no Trofeo Juan Acuña. Fran e Turu foron os autores dos goles branquiazuis. Ademais o diario sinala a Romeu como o mellor, o saque de honra para Acuñak que Irureta ensaiou o rombo na medular, que Muñiz Fernández consentiu o xogo duro e que Lasarte e Rufai disfutaron do partido no palco.

En canto aos abonados, o diario apoia a campaña polos 30000 socios e di que o Depor rebaixa os prezos dos carnés para parados e xubilados. A Voz asegura que o Depor traspasa a Pauleta ao Girondins por 1.500 millóns, que o Deportivo recibirá o título de Liga o día 9 en Riazor e que Emerson manifesta que quedará no Club.

Deporte Campión

Di este diario "O Depor gañou co mínimo esforzo. A mala puntaría dos dianteiros herculinos evitou unha goleada de escándalo a un Girondins moi frouxo". O diario afirma que Fran foi o mellor deportivista do partido. Pola súa banda di o Campión que Irureta está satisfeito pero que o grupo non está compacto. Así mesmo afirma que o Girondins ficha a Pauleta por catro anos por 1500 millóns. O diario destaca os pases de Valerón e a liña regular de Hélder na defensa, a lista de descartes que se enviará hoxe, a entrega do trofeo da liga o día 9 en Riazor, a inauguración da Deporclínica o día 8 ou a sanción de Djalminha, que non poderá disputar os dous primeiros encontros de Champions completan a actualidade da xornada.

Marca

Di Marca que Emerson queda fóra da lista que será desvelada hoxe, que Ramis ou Schürrer son a única dúbida do técnico e que Girondins e Depor negociaron por Pauleta. Así mesmo afirma Marca que vos descartes seguen sen saber onde xogarán esta campaña, que Jaime segue pendente do Racing e que Duscher só estará unha semana de baixa. A vitoria deportivista no Juan Acuña, da que o diario destaca o bo facer de Valerón, completan a actualidade da xornada.

O Correo Galego

Un DEPORTIVO brillante obtivo o Juan Acuña ao gañar ao Girondins de Bordeus por dous goles a cero.

Xornal.com

Este diario dixital titula O DEPORTIVO referenda o seu bo momento de forma cun triunfo ante o Girondins.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.