La Voz de Galicia
"Changui ficha polo Depor para o próximos sete anos. O club estableceu a súa cláusula en dez mil millóns de pesetas" di o diario, que recolle a felicidade do xogador e a satisfacción do presidente deportivista.
"O Depor pide outra reunión. Lendoiro quere falar co alcalde e arranxar o convenio" e engade o diario que o Club adquiriu os locais situados enfronte de tribuna para instalar unha clínica de rehabilitación de xogadores. O xornal pon Son Moix como exemplo de equipo que utiliza todos os baixos do Estadio.
Deporte Campión
"Por fin chegou un galego. Despois de moitos meses de negociacións, Marcos Yáñez Changui é novo xogador do Depor". O diario inclúe que Lendoiro charlou con Onieva de Guti e Rodrigo, que varios equipos mostraron o seu interese por varios xogadores.
Ademais di o diario "o repaso de Lendoiro" onde recolle que o presidente deportivista opta polo diálogo como mellor solución, que quere que teña vixencia o convenio do 83, que non descarta construír un edificio, que a pretemporada será en Vilalba, que se abrirá unha clínica fronte ao estadio, que o Deportivo debería ter algunha contraprestación por organizar o Teresa Herrera e que o Club debería pagar as obras de mantemento das instalacións, non as de estrutura.
O interese de varios conxuntos por Lembo, que o Tecos segue interesado en Abreu. O rotativo tamén di que o Deportivo di adeus ao patrocinador dos anos dourados, Feiraco e que o luns se desvela o misterio de quen será o novo patrocinador. Tamén engade que Bassir revalorízase, que Luizao bate records nos Liberadores e que esta noite terá lugar unha homenaxe a Manuel Montiel tras a súa xubilación do club.
Marca
"Lendoiro o presidente máis veterano. Cúmprense doce anos desde que chegou ao cargo" e engade o diario que onte presentou a Changui, que o club tivo seis técnicos en 10 anos, e o crecemento empresarial do club, coa Praia Club, a clínica e as novas tecnoloxías.
Tamén di o diario que o deportivista César comeza hoxe as vacacións tras a súa lesión e que a UEFA deixará Riazor máis pequeno e os seguidores do Deportivo terán 4.000 localidades menos na Champions.
O Ideal Galego
"O Deportivo négase a asinar o convenio proposto polo Concello" di o diario, que asegura que desde o Club modificaríanse algúns puntos. O decanato de Lendoiro á fronte de todos os presidentes de Primeira, é o máis veterano tras a dimisión de Núñez, e a presentación de Changui son as outras novidades da xornada no diario.
AS
Di o As que o Deportivo mostrou o seu interese polos madridistas Guti e Rodrigo e que o Madrid estaría disposto a negociar.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.