La Voz de Galicia
"O Deportivo fai caixa. Escoitará ofertas para tentar unha gran fichaxe. O Racing de Santander xa pediu prezo por Jaime e Pauleta" titula o diario que asegura ademais que en Portugal lembran que Joao Pintos, polo que o Deportivo se interesou fai unhas campañas, quedou libre. O rotativo herculino tamén di que Hélder pasou onte exame médico na Coruña e que o club branquiazul é o número 38 no ranking mundial de clubs de fútbol.
O diario fai historia e lembra que Acuña foi máis precoz que Iker Casillas xa que era máis novo que o madridista cando debutou con España. Así mesmo di o diario que Zubieta, ex deportivista, xogou na selección aos 17 anos. Lembra o diario que Acuña tiña 18 anos e 10 meses cando se enfrontou a Suíza e fala co interesado, que lembra que xogou tranquilo.
Deporte Campión
"Alex, posible trueque con Djalminha. O xogador do Palmeiras queda libre e podería ser o substituto do astro branquiazul do Deportivo" titula o rotativo. O diario di ademais que, unha vez atado Valerón, o club herculino non ten claros os seus obxectivos. Engade o diario que Changui espera a chamada do Deportivo, que o Atlético conta con Capdevila, que tristán agarda ao Mónaco aínda que o Deportivo está na recámara, que o Benfica deixa libre a Joao Pinto, que As Palmas se esquece de Turu e que un novo porteiro italiano adestra en Sada para probar polo club herculino.
O Ideal Galego
Di O Ideal "O Depor reformúlase comprar un edificio emblemático para que albergue a súa sede. O estadio de Riazor non resulta adecuado para acoller as oficinas" e engade que interesaría a esquina de Manuel Murguía fronte ás Escravas. Tamén fala o rotativo dos 55 aniversarios de Augusto César Lendoiro.
Marca
"En tres meses, outro Riazor. Co tempo xusto para as reformas pola Champions" asegura o diario que engade que haberá que recolocar a uns 400 socios, sobre todo de Tribuna Superior. Tamén di o diario que hai problemas para que a selección de Brasil xogue o Teresa Herrera, sobre todo económicos, que Manel non quere xogar en Segunda, que dixo que non a ofertas do Mérida e Tenerife e que José Ramón non fará efectiva a opción dun ano máis.
Diario deportivo Olé
O diario arxentino entrevista a Turu Flores sobre o seu presente no Deportivo e a súa situación co seleccionador arxentino, que prescinde del, para Turu, a festa de celebración do título na Coruña foi impresionante e a súa ilusión sería xogar coa selección.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
