La Voz de Galicia
Di A Voz que o Deportivo se debilita no inverno e engade que se vende a Ramis ao Racing pero que Turu segue na cidade herculina. As palabras de Futre, que cualifica de durísimas as negociacións de Augusto César Lendoiro por Turu Flores, ou a reclamación do intermediario Lucidio Ribeiro de 300 millóns ao Deportivo, a retirada da demanda de Djalminha que, segundo a Voz, de continuar podería carrexar duras sancións ao club e ao xogador, a despedida de Ramis pedindo á prensa apoio ao club herculino, a petición do club á FIFA para que A Coruña sexa sede inaugural do Mundial de Clubs así como de Manuel Fraga, que solicitou o mesmo son as novidades da xornada.
Deporte Campión
Di o Campión que Irureta se opuxo á marcha de Turu Flores e de Duscher e que o Racing tamén pretendeu a Aldo en cesión. As conversacións entre Irureta e Lendoiro sobre a renovación do técnico, a marcha de Ramis ao Santander, a inclusión na lista de Bassir e Kouba, a renovación de Naybet ata o 2005, o traballo de onte e o de hoxe en Acea de Ama. A dispoñibilidade de todo o persoal, a retirada da demanda de Djalminha, o interese da UEFA para que o Deportivo acuda a unha conversación sobre o formato das competicións e os traspasos e a reunión da FIFA e a FEF en Zúric para ultimar os preparativos do Mundial de Clubs son as outras noticias do día relacionadas co Club herculino.
Marca
Di Marca que Irureta ve un Deportivo máis débil e que quería un reforzo para substituír a Ramis, a permanencia de Turu, a retirada da demanda de Djalminha é a outra novidade en branquiazul.
AS
As di que Djalminha retirou o recurso e fai unha reportaxe sobre Roy Makaay, Roy, garantía de gol e engade que Makaay foi o mellor de xaneiro e que
O ariete do Deportivo foi o máximo goleador e o xogador máis valioso durante o primeiro mes do ano.
Libredirecto
Este portal deportivo dá todas as altas e baixas na liga e engade que Djalminha retirou a demanda: Os avogados do xogador do Deportivo da Coruña Djalminha decidiron retirar a demanda que puxeron no Xulgado do Social número 1 da Coruña contra os dous partidos cos que Competición sancionou a Djalminha pola súa actitude fronte á Valencia.
A Opinión
Di a Opinión que Ramis se vai ao Racing e que O futbolista abandona o club con tristeza por non ter un maior número de oportunidades. Javier Irureta lamenta que o persoal perda potencial e engade o rotativo que o club lle concedeu ficha a Bassir e Kouba, que pasan a ocupar as prazas de Ramis e Jokanovic. O Dépor aspira ao G-14, "Calquera foro onde defender ao Deportivo é interesante", di Lendoiro.