A eliminación do Deportivo da Copa do Rei tras a derrota por 3-2 en dezaseisavos de final en Tenerife centra as noticias da xornada relacionadas co club herculino.
La Voz de Galicia Os Reyes traen carbón na Copa, di A Voz, que engade que a velocidade de Shinutenkov eliminou a un Depor con moitas fochancas no seu xogo. O diario sinala que Irureta paga coa eliminación o seu experimento e que o técnico sinalou que a derrota é beneficiosa. A sentenza a favor de Kouba pola que o xogador xa é comunitario, a evolución de Tristán e Turu das súas lesións ou o partido da Valencia, adiantado ao sábado complentan a actualidade da xornada.
Deporte Campión O Campión di que o Deportivo cae tras diluírse nos primeiros minutos do partido. As declaracións de Irureta, que o ve beneficioso, e as de Benítez, satisfeito porque o Deportivo xogou onde eles deixáronlle. As palabras de Scaloni, que considera que a eliminación prexudica ao non habituais. A participación dos xogadores do Deportivo, a sentenza a favor de Kouba e os 1600 millóns que o Benfica pide por Marchena son as outras noticias do día.
Marca Simutenkov eliminou ao Deportivo, di a Marca, que engade que os dous goles do ruso supuxeron a remontada do Tenerife. A estrea da nova bancada no Heliodoro, as críticas de Irureta ao formato de Copa, as protestas da Ansuátegui por anular un gol local. O diario destaca que 12 primeiras caeron co novo sistema da Copa do Rei.
Libredirecto Este portal destaca a eliminación de Valencia e Depor da Copa nunha xornada histórica.
Futvol.com Este portal de fútbol destaca que un gran Tenerife elimina ao Deportivo e lembra que só oito primeiras permanecen en Copa.
Xornal.com Di este diario dixital que o Tenerife baixa os fumes ao Deportivo e apéao da Copa.
AS Di As que o líder de Segunda sorprende ao Depor remontando con xustiza o partido. O diario tamén destaca a sentenza a favor de Kouba pola que xa é comunitario.