La Voz de Galicia
"O Dépor xógase o liderado ante un rival necesitado", titula A Voz, engadindo "Ao Haburgo só lle vale o triunfo e esperar unha carambola". Recolle o diario as palabras de Irureta "Vimos coa intención de facer un bo partido", "Leste foi un grupo moi equilibrado, aínda que nós clasificámonos por meritos propios", "Calquera dos outros tres equipos tamén merecen estar na seguinte rolda", "O partido non vai ser nada fácil. O Hamburgo fixeron moitos goles nesta fase. Teñen unha disposición permanente na procura do gol". Con respecto ao tema Djalminha, dixo "é algo prematuro valorar iso agora. Son intentos de desestabilizar un equipo, pero a min non me importa".
Recolle tamén a Voz as declaracións de Emerson "Sei que teño que saír ao campo e facelo o mellor que poida, pensando no equipo e non en min", "Motivación debe habela sempre, neste caso xogámonos a posibilidade de ser primeiros e aumentar o noso prestixio", de Mauro "este partido é importante para recuperar moral, algo que perdemos no último partido de liga", de Víctor "ser primeiros de grupo vainos a dar moita vantaxe no sorteo, unha verdadeira posición privilexiada". Apunta A Voz os rumores de que segun o diario alemán "Bild" o Dépor quere a Mahdavikia, indicando que Manchester e Arsenal están na poxa.
Deporte Campión
"Sen perdón", titula o diario, engadindo "O Deportivo xogará en Hamburgo con novidades pero coa intención de acabar primeiro", e recollendo as palabras de Irureta "Teño plena fe nos que van xogar", "Eles xóganse máis que nós, saben que gañando como mínimo son terceiros e xogarían a UEFA", de Pagelsdorf, técnico do Hamburgo, "O Deportivo é favorito", "Será dificil pero estamos mentalizados para saír a por todas".
Tamén rocoge o Campión as palabras de varios dos xogadores, de Makaay "É unha decepción non estar no once inicial", "Deixaríanme moitos espazos e poderíaos aproveitar", de Pandiani "A ver se logramos un bo resultado, para estar mais tranquilos, ser primeiros de grupo e invictos na competición", de Molina "Hai que saír a por todas porque temos que dar unha boa imaxe", de Capdevila "Non vimos perder, eles van meter o pé e nós tamén", de Mauro "É posible que o mellor sexa que eliminen á Juve", "Cren que sairemos relaxados pero sairemos con moita motivación", de César "Estaría encantado de poder xogar, pois levo bastante tempo sen facelo".
Marca
"O Depor atoparase un Hamburgo á desesperada", titula o diario madrileño, engadindo que "ao conxunto alemán só lle vale a vitoria para a clasificación". Afirma que "Pandiani e Makaay dispútanse a titularidade", indicando que nese posto esta a única dúbida de Irureta. Apunta tamén Marca que 510 afeccionados estarán co Deportivo.
"O Dépor pode superar o seu mellor serie en Europa", indicando que se non perde hoxe sumará 7 partidos invicto, xa que a mellor serie data da recopa 95/96 na que comezaron empatando co Apoel Nicosia e seis partidos despues caían derrotados en Riazor polo Paris Saint Germain
