A renovación de Naybet polo club deportivista e os preparativos do partido ante a Real Sociedade do sábado centran a actualidade do día nos diarios.
La Voz de Galicia Di A Voz que o Deportivo recibirá mañá a unha Real Sociedade crecida, e que a chegada de Toshack foi o revulsivo dos donostiarras. Naybet é entrevistado tras a súa renovación polo Deportivo que admite que se está no Deportivo foi por Toshack, considera a liga o seu maior logro e gustaríalle adestrar nenos. Os dilemas no ataque, onde Pandiani, Turu e Tristán xóganse a titularidade ou a oferta do Lazio de 1800 millóns por Scaloni. O diario afirma ademais que o mercado se podería quedar sen pezas do Deportivo porque non se sabe se Adidas continúa e se non aparece substitución non habería tempo de fabricar pezas.
Deporte Campión Di o Campión que Irureta decide e que podería aliñar a Valerón no medio centro xunto a Mauro. As dúbidas de Tristán e Djalminha e a sesión de hoxe en Riazor así como a renovación de Naybet polo Club, o colexiado do sábado, a finalización do contrato de Kouba e Songo'ou ou o interese de Maradona en Turu Flores para substituír a Palermo así como a resignación do xogador arxentino pola súa situación ou a polémica dos pasaportes así como as impresións de Augusto César Lendoiro sobre o Mundial de Clubs, que será un acontecemento único e máis datos sobre Toshack ou a homenaxe a Paco Melo e Irureta completan a actualidade do día.
Marca Marca di que Turu Flores resígnase xa que está seguro de que a súa situación seguirá igual toda a tempada. A renovación de Naybet e o regreso ás rotacións son as outras novidades da xornada.