RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Altas e baixas

As altas e baixas nos distintos equipos da liga, as fichaxes e os rumores seguen sendo a tónica nunhas datas con pouco movemento en relación co Deportivo.

O Ideal Galego
Finalizaron os debates que mantiveron os dirixentes dos clubs españois no Parador Nacional do Saler en Valencia nos que arroxaron dúas conclusións que se presentarán na asemblea da liga Nacional de Fútbol Profesional (LNFP): A primeira delas é a creación dun órgano reitor que controle a economía dos clubs e tamén a negociación conxunta dos dereitos televisivos de todos os clubs.
Lendoiro, clave nos debates Augusto César Lendoiro foi unha das pezas crave nos debates dos dous últimos días da liga de Fútbol Profesional. Foi o propio presidente, Pedro Tomás quen convenceu ao máximo dirixente branquiazul para que levase o peso da mesa de traballo sobre os dereitos de televisión e novas tecnoloxías. Lendoiro foi o artífice do acordo unánime sobre a venda conxunta da LFP, a condición de que os clubs aceptasen estar obrigados a ser controlados por un órgano independente na súa xestión económica, con capacidade sancionadora para quen non cumprisen as regras.
Pedro Tomás, presidente da liga de Fútbol Profesional (LFP), anunciou onte a creación dun organismo de autocontrol económico para vixiar as situacións de risco dos clubs e establecer os cocientes de endebedamento. O outro gran asunto que se tratou nas xornadas da LFP, ás que acudiu o presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, foi a explotación dos dereitos de televisión.

Deporte Campión
Un Estadio de Cinema, di o Campión en relación ás reformas en Riazor nas que asegura o diario incluiranse uns multicines. As declaracións de Paco Durán, que dubida que Turu perda diñeiro, o atraso na fichaxe de Djorovic pola ausencia de Lendoiro, as ganas de Amavisca de fichar polo Depor e a demora na reunión Toldrá-Gaspart por Luís Enrique son algúns titulares relacionados co Depor. O diario tamén fala da situación de Dani Mallo, Nuno, Jaime, Pirri, Changui, Iván, Schurrer, José Manuel, Manel e Aira, que tras a súa etapa cedidos volven ao equipo.
O campión tamén destaca o interese do Zaragoza no Rifle Pandiani. As conversacións da LFP, que camiña cara a un modelo da NBA e a procura de equipo de Bassir e Kouba completan as noticias do día.

A Opinión
Turu Flores non quere xogar en Portugal. Só o fará se non queda outra alternativa. O tema económico non lle fai perder o seu horizonte. As súas preferencias pasan por continuar a súa carreira en River Plate, ou ben facelo nalgún club español. Ademais, a súa muller non está convencida de mudarse a Lisboa. Os seus fillos están adaptados aos colexios españois e cambialos agora non lle parece o mellor. Onte pola tarde, o Turu falou para Radio A Rede de Buenos Aires e comentou que "todo está en mans do meu axente".
O Liverpool, gañador da Copa da UEFA, da Copa inglesa e da Copa da liga do seu país, foi o mellor club do mundo esta tempada, segundo a clasificación elaborada pola Federación Internacional de Historia e Estatísticas do Fútbol (IFHHS) para o período entre o 1 de xuño de 2000 e o 31 de maio de 2001. O Deportivo, subcampión do campionato español que alcanzou os cuartos de final da Champions, ocupa o vixésimo lugar deste ranking, tres postos por encima do eterno rival, o Celta de Vigo (23).

La Voz de Galicia
«O Madrid segue á carga» DEPORTIVO Manuel Pablo, o futbolista máis desexado da liga española Manuel Pablo é todo desenvoltura sobre o céspede, aínda que vestido de rúa a súa ousadía tórnase en suma prudencia. Lonxe dos lugares de moda polos que optaron moitos dos seus compañeiros, o lateral «máis desexado» do fútbol español descansa na súa casa da localidade grancanaria de Bañadero. «Durante o ano apenas podo gozar da miña xente, así que agora quero aproveitar». Confesa non estar atento ao teléfono, «moitas veces nin o levo encima», aínda que admite que o Real Madrid segue interesado na súa fichaxe: «Volveron á carga».
Di A Voz, ademais, que Djorovic será presentado despois das vacacións e que en Portugal confirman o si de Turu ao Sporting.

Marca
Djorovic marchouse a Belgrado sen asinar co Depor, di este diario, que asegura que o seu representante di que só faltan uns detalles. O regreso de Augusto César Lendoiro de Valencia, a viaxe do axente de Turu a Lisboa ou o desexo de Schurrer de volver ao Depor son o resto dos titulares da xornada.

AS
Luz verde unánime ao órgano de control. A liga imponse rigor económico e voz única ante as televisións Pese ao cisma no que parecía entrar o fútbol español con motivo da elección do novo presidente da LFP, nas Xornadas de Traballo que os clubs de Primeira e Segunda desenvolveron estes dous últimos días, a unanimidade foi a característica dominante.