Todos os medios centran a súa atención no Deportivo -Real Madrid do sábado. Números, estatísticas, enfrontamentos previos, protagonistas... todos os detalles do partido da xornada.
La Voz de Galicia Di A Voz que Deportivo e Madrid darán o maior espectáculo do fútbol, que Víctor asegura que estará para o sábado e que os coruñeses adoitan gañar por goleada. Engade o diario que o Real Madrid parece autoproclamarse campión por decreto e que o Deportivo está aí, como firme candidato ao título e vixente campión de Liga. A revenda de entradas para o encontro, o calendario de partidos do Mundial en Riazor e unha entrevista con García Vizoso, ex xogador e ex técnico deportivista que conseguiu fitos na historia branquiazul contra os merengues.
Deporte Campión É o partido máis importante do que resta de tempada, di Makaay en Campión que repasa a transcendencia do encontro. A prudencia de Víctor e o respecto polo rival así como as súas ganas de gañar, a historia dos enfrontamentos Depor- Madrid, a opinión de Aldana, que cre que gañará o Depor ou o traballo do persoal así como o adestramento de hoxe en Acea de Ama e a traxectoria dos rivais europeos completan a actualidade da xornada.
Marca É unha homenaxe que no meu partido 100 venda o Madrid, di Irureta, que celebra o seu centenario en Liga o sábado. O traballo do persoal, o mellor momento do Deportivo, a efectividade de Djalminha e Víctor, autores dos últimos 5 goles e o mal estado do céspede de Riazor son as noticias do día.
Futvol.com Este portal de fútbol di
O estadio de Riazor será o escenario do partido inaugural do Mundial de Clubs 2001 o próximo 28 de xullo. O Santiago Bernabéu será a sede da final o 12 de agosto. Na Coruña tamén se disputarán os encontros dun dos grupos e dunha das dúas semifinais.