La Voz de Galicia
"Djalminha solicita a Lendoiro que o traspase ao Flamengo. O xogador quere acabar a súa carreira deportiva en Brasil" titula o diario que anuncia ademais que o presidente do club carioca xa chegou a un acordo co xogador e que hoxe estará na Coruña.
O diario tamén recolle o acordo entre o Atlético de Madrid e o Deportivo por Molina, polo que o club coruñés non terá que pagar a cláusula de rescisión do xogador.
O diario lembra que o venres é o sorteo da liga 00-01.
Deporte Campión
"Hoxe é o día D" titula o xornal aludindo ao caso Djalminha e xa no interior destaca que a marcha de Turu non é probable xa que podería ser David Pirri quen entrase na operación. O diario tamén di que o convenio aínda está no aire xa que Deportivo e Concello aínda non alcanzaron un acordo e que o Teresa Herrera segue pendente.
O diario fai unha comparación entre a liga española e a italiana e destaca que no Teresa Herrera do 98 Deportivo e Lazio xa se enfrontaron con vitoria branquiazul. Destaca ademais o Campión que o Deportivo homenaxea aos socios de ouro do club pola súa fidelidade e que nas oficinas da Mariña xa hai colas para retirar os abonos da próxima campaña.
O rotativo herculino tamén recolle que Djalminha podería deixar o club esta tarde, que non se fará efectiva a cláusula de Molina, que Escocia quere a David Miramontes, que Augusto quere a Emerson e que Claudio Barragán retírase do fútbol son as outras noticias dedicadas ao Deportivo, do mesmo xeito que a que titula "Os dianteiros resístense" recollendo as dificultades do club coruñés de facerse cos servizos dun dianteiro.
Marca
Destaca Marca en portada "Depor:2.500 quilos ao Atleti por Valerón e Molina" di o diario, que xa no interior destaca que o Depor comeza a operación saída xa que esta semana é clave para traspasos e cesións. Di Marca que Nuno e David Pirri son os primeiros en marcharse, que o presidente do Flamengo chega hoxe á cidade herculina, que o club coruñés ten interese no uruguaio Mario Rosa, que o Depor ata a Valerón e que a cambio o Atlético recibiría 2.500 millóns por el e Molina.
O Ideal Galego
Di o Ideal que Djalminha confirmou a Lendoiro o seu desexo de abandonar o club deportivista mentres Concello e Deportivo aínda seguen negociando, segundo o diario, as cláusulas do convenio. Ademais, di o rotativo que o club despachou en tres días máis de 1.500 abonos para a tempada.
Libredirecto
Este portal de fútbol en internet di "Djalminha quere deixar o Dépor para volver a Brasil".
Futvol.com
Esta páxina web destaca o acordo de Djalminha no Flamengo e as declaracións do xogador, que recoñece o seu interese en xogar no Fla, pero que agora quere demostralo todo na selección.
Galicia en Xogo
"Djalminha fai público que se quere ir" é o titular deste diario online dedicado hoxe ao Deportivo.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
