La Voz de Galicia
"O fútbol, baixo sospeita" titula A Voz, que di que Facenda comeza a investigación fiscal dos clubs de Primeira e cita a Deportivo, Celta, Madrid, Valencia e Atlético. A liga Profesional considera que a medida é rutineira e a Axencia Tributaria indaga sobre presuntos pagos en "negro". Engade o diario que o Caso Atlético foi o que impulsou o proceso.
A Voz tamén di que o Depor e o Celta, están tranquilos ante a investigación e que deben comparecer o día 26. O diario lembra que Facenda xa reclamou ao Madrid 2.800 millóns de pesetas.
E cambiando de terzo, o rotativo di "Lendoiro afirma que Irureta cumpre cos obxectivos" e engade que "outros clubs non tiveron a paciencia de mantelo". En canto ao partido de mañá, A Voz di que Fran será baixa na aliñación e Djalma é dúbida.
DXT Campión
"Están de acordo" di o diario referíndose a Javier Irureta e Augusto César Lendoiro, e asegura que o técnico seguirá unha tempada máis á fronte do conxunto deportivista. Segundo o Campión, só queda por resolver un asunto económico mentres outros clubs mantéñense á espera. O DXT fai unha enquisa entre as penas que celebran a noticia da renovación.
O adestramento de onte en Acea dá Má e o de hoxe en Riazor así como a recuperación de Djalma, "Estou en condicións"; e que Fran non xogará mañá así como Que busca Facenda? referíndose á inspección fiscal aos clubs de Primeira son outros dos temas tratados. O Campión tamén recolle a visita de Dani Mallo a Canaldeportivo onde chateó cos afeccionados.
DXT tamén recolle a información publicada en Canaldeportivo, réplica ao comunicado da empresa encargada do sorteo arbitral.
O ex-deportivista Alfredo di "O Depor merécese a liga" do mesmo xeito que o atlético Kiko, "o meu desexo é que o Depor sexa campión". E seguindo co Atlético, engade o diario que Hasselbaink estará en condicións de xogar mañá.
O Ideal Galego
"Javier Irureta asegura que en canto o presidente propóñallo, renovará" onde se di que o Consello de Administración do Club decidiu o pasado luns ofrecerlle dous anos máis.
En canto ao Atlético de Madrid, o diario fala con Miguel Juane, que volve á Coruña co equipo branquivermello. O avogado di que non ten nada contra Lendoiro e mañá sentará no palco de Riazor co corazón branquiazul pero defendendo os intereses do Atlético. Di O Ideal que Hasselbaink superou os seus problemas físicos e que poderá xogar na Coruña. "A Axencia Tributaria xa someteu ao Depor a unha minuciosa inspección. Manuel Montiel asegura que a relación co fisco é transparente" e "O club coruñés insiste en criticar o sistema de sorteo dos árbitros" son os outros titulares deste rotativo no día de hoxe.
__________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
