La Voz de Galicia
"Irureta recoñece o seu interese polo internacional Alfonso. Barça, Real Madrid e Valencia tamén queren ao dianteiro" di o diario que asegura que Canle Sur Radio anunciou que o Depor ofrece 3.000 millóns e que a ficha do futbolista supera en Sevilla os 400 millóns anuais. Para o xogador "todo depende de Lopera". O diario tamén asegura que Ramis interesa en Zaragoza.
"Depor e Atlético pospoñen o acordo sobre Valerón" di A Voz, que engade que Lendoiro está en Madrid, onde hoxe celébrase unha reunión da LFP. A conferencia de Augusto César Lendoiro mañá no Círculo de Artesáns e o descarte de Catanha, que non quere xogar no Atlético son as outras noticias en branquiazul da Voz, que volve facer un seguimento exhaustivo do percorrido de Javier Irureta, Paco Melo, Franganillo e Siro López no seu peregrinar a Santiago tras lograr o título de Liga.
Cansazo, bromas, calor e o agarimo dos afeccionados destacan no percorrido duns camiñantes que xa están a dez quilómetros da meta.
Deporte Campión
"De pesca no Manzanares" titula o Campión, que asegura que Valerón xa é xogador do Deportivo, que Aguilera é unha segunda opción, que Solari tamén gusta na Coruña, que Molina prefire irse a Inglaterra, que Iván Pérez podería irse ao Atlético e que Capdevila sería o rival de Romeu. O diario tamén fala das posibilidades dunha Operación Avecilla II entre Atlético de Madrid, Deportivo e Málaga. O diario di que O representante de Alfonso ve a Lopera receptivo, que Barça e Deportivo son os equipos mellor colocados na poxa, no Depor ofrece 2.500 con Ramis e Manel polo xogador, que Puche non vende a Catanha por menos do seu claúsula e que nas Palmas insisten con Schürrer.
O camiño de Santiago con todas as súas anécdotas e unha entrevista a Manuel Montiel, director xeral do Club, que onte se xubilou e a organización do Congreso de Penas pola pena de Córdoba para este fin de semana son as outras novidades.
Marca
"E agora poxa por Solari. A súa cláusula é de 630 millóns" di Marca, que asegura que Capdevila e Valerón están pechados, que Molina se nega a formalizar a súa fichaxe polo Deportivo, que Lendoiro e Gil Marín comeron onte en Madrid e que Kouba abandonaría o Deportivo se chega Molina.
En canto ao Camiño de Santiago, di Marca que os camiñantes sufriron moito na etapa máis dura pero que xa só quedan 10 quilómetros.
O Ideal Galego
Di o Ideal que Depor e Atlético xa pecharon o traspaso de Valerón e Capdevila. Tamén asegura o diario que Lendoiro quere a Scaloni ata o 2006.
Así mesmo recolle as incidencias do Camiño de Santiago e asegura o diario que os peregrinos xa están a tiro de pedra do sepulcro do Apostol.
A conferencia de mañá de Lendoiro no Círculo de Artesáns e a firma de autógrafos de Songo'ou nun centro comercial herculino completan as noticias do día.
Diario AS
O AS publica que descubriu a reunión entre Augusto César Lendoiro e Miguel Anxo Gil Marín en Madrid e asegura o diario que as fichaxes de Valerón e Capdevila están pechados.
Asegura tamén o diario que o club herculino verase obrigado a vender a varios xogadores para comprar ás novas fichaxes.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
