RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>O Espanyol

Os preparativos para o partido ante o Espanyol, as baixas de ambos os equipos, a sesión desta mañá en Riazor e a viaxe a Barcelona centran a actualidade da xornada.

La Voz de Galicia
Djalminha, principal dúbida de Irureta ante o Espanyol. Fran, ausente desde outubro, pode volver á convocatoria. O diario tamén di que Víctor segue con gripe, que as dúas últimas visitas ao Espanyol acabaron 0-0, que Djalma progresou en Europa, que o alto nivel do persoal fai que sete internacionais senten cada partido no banco, que o equipo adestra hoxe a porta pechada en Riazor, que o Espanyol ficha a un xaponés e que Velamazán está recuperado da súa escordadura.

Marca
Di este diario que o Depor pasará de ser a ONU a ter un só estranxeiro xa que Djalminha será español e Naybet comunitario. As impresións de Djalminha, que quere gañar títulos e no Depor pode facelo, a próxima renovación de Scaloni, a baixa de Víctor para Montjuic, a posible inclusión de Fran na lista, a titularidade de Makaay e a esperanza de Hélder de xogar completan as novidades da xornada.

Deporte Campión
Di o Campión que Scaloni, Mauro, Donato, Bassir, Songo'ou, Kouba, Ramis e Irureta acaban contrato esta tempada e que o interese do técnico é seguir, a fame de gol de Makaay, as rotacións no equipo, a única baixa para Montjuic de Víctor, o respecto do Espanyol polo Deportivo, o interese do Milán por Riquelme, Anelka non xogará ante o Galatasaray, os actos das penas, coa homenaxe a Dani Mallo e a Antonio o Xitano, a inauguración de penas e demais completan a actualidade da xornada.

AS
Di o Diario As que Djalminha non é seguro xa que Irureta, a pesar do seu decisivo gol fronte ao Celta, pode reservar ao brasileiro para recibir ao Milán.