A situación do Racing de Santander de face ao partido do domingo en Riazor, os enfrontamentos previos entre ambos os conxuntos e a gran actividade social do Deportivo onte, con inauguracións, exposicións e premios centran a actualidade do día.
La Voz de Galicia O Depor terá que xogar a gañador para cazar ao Real, di este diario, que engade que debe puntuar en Barcelona e non fallar en Riazor. A recuperación dos efectivos para o partido de Santander, os desexos de Jaime -cedido ao Racing- de que o Deportivo gañe a liga, o interese do Santander en Ramis, Megía Dávila que arbitrará o partido e o interese do Atlético en Turu Flores completan a actualidade do día.
Deporte Campión Di Scaloni que o equipo se puxo as pilas, o Campión destaca que todos están a punto salvo Sampaio, que o equipo adestra esta mañá, o optimismo de Irureta, o interese do Atlético en Turu, o do Santander en Ramis, a necesidade de puntos do Racing e a gran exposición de Fernando López no Casino con centos de obxectos da historia do Club así como os premios da Pena Hórreo a Donato e Makaay e a inauguración da pena Bell's completan a actividade intensa do día.
Marca Marca destaca que Lendoiro colocou a 21 xogadores en 5 meses entre traspasos e cesións sacando máxima rendibilidade, o interese do Racing en Ramis, a posible inscrición hoxe de Bassir ou Kouba, as contas de Irureta para cazar ao Madrid ou a ambición do persoal son os outros temas que destaca hoxe este rotativo.
A Opinión Di este diario que Lucidio Ribeiro prepara unha demanda contra o Dépor por supostos falta de pagamentos de comisións nos traspasos de media ducia de futbolistas, dos cales só dous ofreceron un rendemento deportivo satisfactorio. Este axente interveu nas fichaxes de xogadores como Hadji, Naybet, Songo´ou, Wiltord, Bassir, Ziani ou Bonnissel. Ribeiro pide preto de 300 millóns de pesetas ao club herculino como compensación económica ao seu traballo de intermediario. Engade ademais A Opinión que Febreiro, é o mes da caza e que Jabo espera gañar os choques de casa e que os brancos caian en Bilbao. Así mesmo, Case todo o persoal está en condicións e Mauro Silva móstrase optimista de face ao seu regreso. O diario tamén destaca a mostra de deportivismo que hai no Casino de Fernando López.