Os grandes logros do Vilarreal nos últimos anos, o crecemento do equipo, a situación do persoal deportivista así como a evolución dos lesionados centran as noticias do día.
La Voz de Galicia Catro anos vertixinosos, en menos dun lustro o Vilarreal multiplicou por 10 o seu orzamento, ascendeu dúas veces e levantou unha cidade deportiva. A comparación que Víctor fai do Deportivo con outros clubs e que, na súa opinión, os branquiazuis son mellores que o Barça e o Madrid. As lesións de Sampaio, Donato ou Mauro, a inauguración da Pena Naybet ou a próxima reunión de Kouba co Club son o resto das novidades.
Deporte Campión A lesión de Sampaio que talvez deba pasar polo quirófano, a boa evolución de Mauro e Donato, a dobre sesión de adestramento de onte, a sesión de hoxe en Riazor, a inauguración da pena Naybet, o desexo de Turu de seguir xogando no Depor, os eloxios de Víctor Muñoz ao Deportivo, ao que considera mellor equipo da liga, a tranquilidade do Vilarreal, o dispositivo especial de seguridade en Leeds para o Deportivo ou o posible interese de Camacho por Valerón e Molina completan a información relacionada co Deportivo da xornada.
Marca Di Marca que o Depor negocia con Ibagaza e Sergio e que ambos os traspasos poderían custar 5.500 millóns. O adeus de Sampaio á tempada ou as ganas de Emerson de romper a mala serie do Deportivo tras os paróns son as outras noticias do día.