RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Pamplona e París

As últimas rabexadas do partido do sábado ante o Osasuna e as miradas postas no PSG para o encontro do martes centran a actualidade da xornada.

La Voz de Galicia
Di A Voz que Makaay podería ser a arma secreta do Dépor en París, xa que o xogador asegura que xa está listo e a defensa adiantada do PSG recomenda un home rápido. As críticas ao Deportivo nos diarios de Pamplona, as palabras de Irureta, que destaca que o punto foi positivo, a calidade técnica do PSG segundo o técnico deportivista ou as estatísticas dos parisienses, que levan cinco partidos sen gañar. O técnico galo pide, ademais, agresividade aos seus homes.
O diario tamén recolle o empate a cero do Deportivo B.

Deporte Campión
Contas á francesa, di o Campión, que asegura que segundo Javier Irureta, 10 puntos poderían asegurar o pase a cuartos do Deportivo. O diario destaca que o Deportivo é un equipo de garantías, a viaxe de hoxe, o adestramento de recuperación de onte, ou as opinións de Bergeroo, Dehu e Anelka, que recoñecen que o Depor é un bloque sólido, que haberá que suar sangue para gañar e, segundo Dehu, que Tristán é mellor que Makaay. As ganas de xogar de Makaay, o ambiente en París, onde se despacharon máis de 600 entradas na Casa Galega ou as baixas do Celta para o derbi completan a actualidade da xornada.

Marca
Di Marca que o Depor prefire que non xogue Anelka e que Sampaio superou as súas molestias e non viaxará. Destaca, ademais, o diario, que Irureta cre que con 10 puntos estarase en cuartos.

AS
Di As que Makaay está triste porque non dispón de minutos para demostrar nada e que o xogador pide tempo a Irureta.