Os diarios destacan o optimismo que vive o persoal tras a vitoria ante a Valencia. Como negativo coinciden todos en rexeitar a actitude de Djalminha tras o partido.
La Voz de Galicia Di A Voz que o Deportivo cumpre un ano marcando en Riazor, sempre desde o 21 de xaneiro do ano pasado; a unanimidade á hora de criticar a Djalminha, os números de Pandiani, que marca un gol por hora, a recuperación de Mauro, a situación do Málaga, próximo rival, a sete puntos do Deportivo, a posible sanción a Djalminha por querer agredir a Víctor e unha análise do xogador brasileiro de quen di o diario que o seu egoísmo volve prexudicar ao equipo.
Deporte Campión Di o Campión que o Deportivo termina a primeira volta encaixando só dous goles en Riazor, números que entran na historia. O diario tamén fai descrición de Pandiani e lembra que un gol do uruguaio volveu a ser definitivo. Ademais di o diario que Irureta estuda unha posible sanción a Víctor e Djalminha. O adestramento voluntario hoxe en Riazor ou o catro puntos que separan ao Depor do líder completan a actualidade do día.
Marca Di Marca que o Campión se engancha á liga, que a Djalminha non hai quen lle aguante, di ademais o diario que a acta reflicte que Djalminha tentou agredir a Víctor, a rendibilidade de Pandiani cun gol por hora e a situación de Emerson e Hélder, apercibidos de sanción completan as novidades do día.
AS Di AS que a acta reflectiu as disputas de Djalminha con Víctor.
Libredirecto Este portal en internet di que Djalminha e Víctor deron renda solta ás súas malas relacións e fala con Víctor que asegura Estou un pouco afectado da situación que se viviu.
Futvol.com Este portal de fútbol di que Pandiani tomba á Valencia in extremis.
Galicia en Xogo Di este diario deportivo galego que o Deportivo pon en marcha a ampliación de capital e que os branquiazuis collen de novo o tren da liga tras vencer á Valencia.