RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Zidane e o mercado de verán

A pesar de que todos os medios centran a súa atención na fichaxe de Zidane polo Madrid, sempre hai algún espazo para a actualidade do Deportivo, na que Djorovic e Turu seguen sendo protagonistas.

O Ideal Galego
Óscar José Turu Flores deberá seguir buscando equipo para a próxima campaña. O dianteiro branquiazul, que xa confirmou que non desexaba seguir xogando no Deportivo, tampouco militará no Sporting de Lisboa, como aseguraban o pasado martes varios xornais portugueses.
O Depor só quere unha solución A pesar de que Turu non desexa xogar na liga lusa e non está disposto a rebaixar as súas pretensións, o club branquiazul continúalle presionando para que dea o seu brazo a torcer e acepte a oferta. O conxunto luso é o único que confirmou ao Deportivo que está disposto a pagar os preto de mil millóns de pesetas polos que a entidade coruñesa estaría disposta a traspasar ao xogador arxentino. Aínda que, debido á crise económica que atravesa, non podería custear os 195 millóns de pesetas por tempada que pretende cobrar o futbolista.
Djorovic non quere enojar á parroquia celeste Tras a conversación telefónica mantida onte polo representante de Goran Djorovic, Zoran Stojadinovic, e o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, o acordo para que o central iugoslavo vista a camiseta do club coruñés durante o catro próximas tempadas é total. Salvo ?pequenos flequillos? sen maior importancia, como así cualifica Stoja algúns detalles que aínda faltan por pechar, o acordo por catro tempadas está pechado.
Depor e Espanyol contactan para negociar posibles incorporacións O director xeral do Espanyol, Fernando Muíños, recoñeceu estar a manter contactos co presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, sobre algúns futbolistas do club coruñés que puidesen ser do agrado do equipo barcelonés. Ao parecer, o equipo espanyolista necesita traspasar xogadores e Daniel Sánchez Llibre, o seu presidente, admitiría algunha rebaixa na cláusula de rescisión do centrocampista Sergio González, a pesar de que se opuxo ata o momento, se na operación entrase algún futbolista interesante para o técnico Paco Flores.

A Opinión
Ninguén dúbida xa que Goran Djorovic acudirá puntual o próximo día 22 de xullo ao estadio de Riazor no que será o reencontro postvacacional do persoal deportivista antes do arranque da pretemporada en Vilalba. Para o central iugoslavo, no entanto, máis que un reencontro será unha presentación en sociedade: ante os seus compañeiros e a afección. E isto último, o recibimento da inchada coruñesa, é o único que parece preocupar ao ex defensor do Celta nas horas previas á oficialización da súa fichaxe.
Lembra o diario que Riazor sempre recibiu ben aos xogadores ex célticos, a A-9 non se converte nun rosario de fochancas na súa entrada coruñesa para os que proveñen de Vigo. Nin no plano automobilístico nin no seareiro. A gran maioría dos xogadores que recalaron no Deportivo procedentes do seu eterno rival, o Celta, foron recibidos con absoluta corrección por parte da inchada herculina, que nunca utilizou o pasado como arma arreboladiza contra aqueles que se converten á fe deportivista.
O Sporting de Lisboa comunicou onte, a través do seu pagina oficial en Internet, que non está interesado en contratar ao dianteiro do Deportivo, José Turu Flores. O equipo lisboeta comunicou que a integración do ariete no grupo de traballo do club "está fóra de hipótese". No breve comunicado, lémbrase tamén que Turu foi suplente a pasada tempada e que xa ten 30 anos.

Deporte Campión
Non xogará en Portugal, di o diario de Turu. Ademais di o rotativo que o club presiona ao xogador para que acepte a oferta do club lisboeta. Os posibles contactos co Espanyol por Sergio ou Roger, a firma de Bassir co Lille, as ganas de Amavisca por vir a Riazor, a posibilidade que Peñarol, San Lorenzo, Arsenal ou Roma completen o cartel do Teresa Herrera, a confirmación de JOMA como marca deportiva para o ano que vén e a petición de 80000 millóns da LFP ás TVs completan a actualidade do día.

La Voz de Galicia
A canteira só aproba. A última referencia histórica da canteira deportivista remóntase á época na que Fran e José Ramón convertéronse en realidades do fútbol. Desde entón, que foi daqueles que formados nas súas categorías menores apuntaban alto? A estatística pon de manifesto que saír do Dépor non é sinónimo de éxito: só Marcos Vales e Manuel Mosquera lograron xogar en Primeira.

Marca
Marca entrevista a Romeu nas súas vacacións en Xerez. Ademais di que Lendoiro presiona ao Turu para que firme polo Sporting. O diario tamén asegura que Lendoiro e Sánchez Llibre reuníronse en Valencia sobre varios xogadores.