O vindeiro xoves 1 de febreiro, unha delegación da Real Federación Española de Fútbol, encabezada por Gerardo González Otero, reunirase en Zúric cos membros da Comisión Organizadora do Campionato do Mundo de clubs FIFA 2001.
A competición celebrarase este ano en España (sedes en Madrid e A Coruña), entre o 29 de xullo e o 12 de agosto e nel participará o R.C. Deportivo en calidade de campión de Liga do país anfitrión.