Terra Deportes publica:Deportivo e Atlético de Madrid enfrontarán o sábado a presión de ostentar o liderado, os primeiros, e a angustia por evitar o descenso de categoría, os segundos. Un duelo fundamental para o futuro da liga.
Aliñacións posibles:
Deportivo: Songo'ou; Manuel Pablo, Donato, César ou Schurrer, Manel; Mauro Silva, Conciençao, Jokanovic, Turu Flores; Djalminha e Makaay.
Riazor vestirase de gala para facer de anfitrión a dous dos protagonistas da liga. O Deportivo segue loitando para conservar ao liderado e terá unha nova proba ante un Atlético de Madrid que atravesa pola peor crise da súa historia e que necesita os puntos para aferrarse á Primeira división.
A novidade no Deportivo está no posible acordo ao que chegasen Javier Irureta co presidente Lendoiro para renovar o contrato do técnico por unha tempada máis, cuestión que non foi confiarmada por ningún dos dous protagonistas.
No deportivo, a formación coruñesa estará en función do regreso de Djalminha, quen se adestrou con normalidade e podería regresar ao ataque. Mentres, Fran volverá ver o partido desde a bancada ao continuar o proceso de recuperación da súa lesión. Na defensa, César e Schurrer pugnan por un posto no eixo da zaga, aínda que o arxentino podería actuar no lateral esquerdo en lugar de Manel. Ademais, o marroquí Naybet atópase en Gambia para disputar un partido amigable coa súa selección
Hasselbaink estará no once
Os branquivermellos, que aínda non coñecen a vitoria desde a chegada de Radomir Antic ao banco, dáselles ben o feudo galego, no que non perden desde 1994. Ademais, o dianteiro holandés Jimmy Hasselbaink poderá estar no once inicial unha vez superados as molestias que sufriu no abdutor tras o partido ante o Athletic, do mesmo xeito que Santi que tamén se adestrou con normalidade. Quen está practicamente descartado é é o paraguaio Ayala, cunha tendinite.
Antic, tras o visto na última sesión preparatoria, podería repetir o equipo do pasado domingo coa novidade de Solari, que jugarñia pola banda esquerda en liugar de Lardín.