RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rivais do Xuvenil B no subgrupo A de a liga Nacional, que arrinca o 8 de novembro

O Xuvenil B xa coñece aos seus rivais no subgrupo A da Liga Nacional, que son os seguintes: Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, SD Compostela, SD O Val, Racing Villalbés, CD Lugo B, EF Lalín, Arousa SC e Pontevedra CF.

O conxunto deportivista de Álex Antón e Aldo Duscher enfrontarase nunha liga a dobre volta co resto de equipos dese subgrupo.

Os 5 primeiros clasificados accederán á Segunda Fase para o ascenso á División de Honra; mentres que os restantes acceden á Segunda Fase pola Permanencia.

Os puntos obtidos así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase.

Tanto na Segunda Fase polo Ascenso como pola Permanencia, os equipos do subgrupo A enfrontaranse aos do subgrupo B, a unha volta, sen poder enfrontarse aos equipos cos que estiveron encadrado no mesmo subgrupo da Primeira Fase.