RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera axusta en ABANCA-RIAZOR o punto de mira do Dépor

Rubén de la Barrera é consciente que o Dépor ten que derrotar si ou si ao UP Langreo este domingo 2 de maio ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG 2).

Así pois, o técnico coruñés axustou esta mañá no estadio, no adestramento semanal a porta pechada, o punto de mira do seu equipo con varios exercicios de centros laterais e remates.

Unha serie de partidos a tres cuartas partes de campo, con constantes cambios de xogadores e posicións entre os dous equipos, puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede. Como é habitual, Rubén de la Barrera impartiu en todo momento instrucións aos seus futbolistas á vez que ordenaba repetir determinadas xogadas.

Cos fabrilistas Adri Castro, Juan Rodríguez e David Suárez esta mañá no primeiro equipo, só estiveron á marxe Derik Osede, Keko e Borja Galán, este tamén no céspede co readaptador, Fran Molano. Lara realizou unha parte co grupo e a continuación unha parte específica de acordo cos Servizos Médicos e o cadro técnico.

Mañá venres 30 de abril, o Deportivo regresa a Abegondo para unha sesión que arrancará no campo a partir das 10:30 horas.