RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera: "Hoxe vin unha comuñón entre equipo e bancada que pon a pel de galiña"

Rubén de la Barrera subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "este resultado nos ten que empuxar, estimular a todos. #ANOSAFORZA pareceume unha auténtica barbaridade o que apertou. Estou convencido que van estar aí e levar polo aire ao equipo. Nós seguiremos currando, funcionando e oxalá pasen cousas chulas".

No seu regreso ao banco branquiazul, hoxe o ambiente en ABANCA-RIAZOR pareceulle "de tolos. Xa no meu último día contra o Langreo foran 5.000 e montouse un galiñeiro espectacular. Ves isto hoxe e... Isto que é? Xa non só a presenza de #ANOSAFORZA senón o que fai durante todo o partido. Conéctate, cunha enerxía... E ademais hoxe vin unha comuñón entre equipo e bancada que pon a pel de galiña. Seguramente serei eu por coruñés, por Deportivista, pero cambiaríame o que resta de temporada durante 5 minutos por vós durante todos os días porque estar aquí, xogar aquí é un auténtico privilexio".

O adestrador coruñés manifestou que "durante a semana tentamos tocar varias cosas pero a vantaxe que eu teño é que hai bos futbolistas. Ese tempo súpleno a calidade e a interpretación de todos eles. A todo non podes chegar en tres días. Un pouco unhas ideas, levar ao campo outras tantas e o resto é calidade do xogador para interpretalas. Son mozos que teñen moitísimo fútbol, moitísimo talento, moitísimos quilómetros percorridos. Están nun Club que che obriga a iso. Estou moi tranquilo. Se ti disme que o primeiro partido, após tres días de adestramento, e este resultado contundente, non sería o máis habitual. Seguramente non pensariamos que isto se pode dar con tan pouco tempo".

Rubén de la Barrera indicou que o partido "era para tentar reflectir todo aquilo que puidemos facer durante a semana: ser un equipo que presionase ben, que após roubo puidese ir para adiante, e despois con balón fose xerando cousas. Sabiamos que o Algeciras CF defensivamente íanos a obrigar moito a defender ben a área. Moitas cousas a revisar e a axustar, lóxicas polo tempo pero estou moi contento por este ambiente, por como apertou #ANOSAFORZA e polo debut dos rapaces porque obedece a unha cuestión de posibilidades que eles teñen. Non é cuestión de mirar o DNI dun e doutro. É cuestión de posibilidades e eu sentín durante a semana que estes mozos están para isto. Hoxe tivérona e vaia que a aproveitaron".

Pola súa banda Iván Ania, técnico do Algeciras CF, subliñou que "a valoración é negativa porque non conseguimos o obxectivo que tiñamos que era tentar gañar ou puntuar. Desde a primeira xogada do partido xa podiamos ir perdendo 1-0. Tivemos unha perda en ataque que en transición nos xeraron perigo. Cando vés a este estadio e aos 10 minutos perdes 2-0, é difícil poder darlle a volta ao partido".