RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Samuele Mulattieri cualifica á afección do Dépor como "incrible"

Samuele Mulattieri asegura que, de cara ao choque deste domingo 25 de xaneiro ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club, o vestiario deportivista está "ben. Estamos a adestrar todos xuntos xa pensando no partido".

A nivel individual, confesa que sente "ben" após marcar en Almería a pasada fin de semana: "Tento adestrar sempre forte, loitar polo equipo para tentar lograr os nosos obxectivos".

Valora o feito de marcar no último partido "pero o importante é que todo o equipo estea unido. Isto é o importante". "Os goles son importantes pero tamén todas as outras cousas que se dan nun partido", engadiu.

Nesta segunda volta da liga Mulattieri "tanto para min como para o equipo é facelo o mellor posible, facendo o que o míster nos pide. E despois veremos o que podemos lograr".

Confesa que, como a todo futbolista, "o bo é xogar todos o partidos pero o míster decide. O que podo facer é adestrar sempre ben e se teño oportunidade de xogar facelo o mellor que poida".

Define ao Real Racing Club como un "bo equipo, primeiro da liga, xoga moi ben"; e queda co ambiente en ABANCA-RIAZOR: "Gústame moito. #ANOSAFORZA é incrible. Todas as veces que xogamos en casa está moi ben con esta afección".