Samuele Mulattieri (A Spezia, Italia, 7 de outubro de 2000) foi presentado este mediodía como novo xogador do Dépor cedido esta temporada polo Sassuolo cunha opción de compra.
Fernando Soriano aclarou que a cesión de compra é "obrigatoria se hai ascenso e se se cumpren uns fitos deportivos. Tamén é non obrigatoria caso que o Club o crea conveniente".
O Director de Fútbol branquiazul defíneo como un futbolista "que manexa ben as dúas pernas, moi asociativo fóra da área, con bastante continuidade após aparecer fóra para chegar á área, moi versátil, con capacidade de ir aos espazos, con moita mobilidade e que está a demostrar que ten moito gol".
Pola súa banda, Samuele Mulattieri advirte que "podo ser dianteiro primeiro ou segundo, ou polo exterior. Este ano imos xogar cun dianteiro e voume a atopar moi ben".
O dianteiro deportivista afirmou que tiña outras ofertas de Italia pero "unha vez que escoitei a oferta do Dépor non mo pensei dúas veces porque é un equipo histórico, con tantísimos afeccionados, cun gran pasado polo que foi moi fácil a decisión".
Ve esta temporada como "un salto adiante comparado coa Serie B de Italia. Xoguei en Holanda e atopeime ben. Espero atoparme igual de ben aquí. Tócame adestrar, adestrar duro para conseguir o máximo a nivel persoal e como equipo".
Cre que "ao míster tócalle decidir" se está no campo este luns 1 de setembro ás 21:30 horas en Butarque ante o CD Leganés pero "estou ben física e mentalmente".
Finalmente Mulattieri pensa que "sempre hai que saír a gañar. Logo veremos como saen as cousas. Hai presión pero como en todos os deportes".
Fernando Soriano: "O proxecto e a nosa idea é ser un equipo no que a canteira teña o seu peso"
Ao concluír a presentación do futbolista italiano, Fernando Soriano respondeu a algunhas das preguntas dos medios de comunicación.
Estas foron algunhas das súas respostas:
Chegada doutro dianteiro
"O mercado está aberto e nuetra misión é darlle ao adestrador as mellores opcións posibles. Non descartamos ningunha opción tanto de entrada como de saída".
Custo de Samuele Mulattieri
"A súa cesión é gratuíta, o soldo do xogador".
Diego Gómez
"Levamos tratando a súa saída os últimos días. Han ir aparecendo situacións interesantes por iso hei ir atrasando un pouco máis. A que queriamos logo desaparece".
"A idea de hoxe é que salga. Non está a entrar nos plans de Antonio Hidalgo e non queremos que estea unha temporada sen xogar. A súa progresión ten que ser preto do campo".
"Para o Racing de Ferrol non o descarto pero difícil".
Bouldini
"Moitos equipos están a buscar ese perfil de dianteiro e estamos a recibir numerosas chamadas. O normal que é que se saen Bouldini e Diego Gómez poida haber algunha incorporación. Dependerá do que nos dea o mercado. En Nadal vólvese a abrir".
"O proxecto e a nosa idea é ser un equipo no que a canteira teña o seu peso. O ano pasado talvez tivemos un cadro demasiado longo. Este ano querémola facer un pouquiño máis curta para dar pé a esas posibilidades".
Riki
"Ten un custo financeiro importante. E aparte vimos a Rubén e a Patiño que están a dar un nivel importante. Antonio está contento con eles".
