Sara Domínguez decidiu para o Orzán SD Cadete Feminino a súa visita ao Lóstrego CF
Sara Domínguez decidiu co seu gol aos nove minutos de partido a visita do Orzán SD Cadete Feminino (0-1) ao Lóstrego CF, correspondente á 7ª xornada da liga Galega Cadete.
As orzanistas disputaron un partido moi serio en defensa e en ataque mesmo perdoaron varias oportunidades para abrir máis vantaxe no marcador, por exemplo unha pena máxima.
Con este marcador, o Orzán SD Cadete Feminino é cuarto na táboa con 13 puntos, a 6 puntos do Sárdoma CF e Victoria CF, líderes con 19 puntos.
Orzán SD Cadete Feminino: Uxía Rabuñal, Candela Moreno, Nadia Longueira, Uxía López, Noelia Furelos, Daniela Basalo, Emma Gandoy, Sara Domínguez, Maca González, Paula Sánchez e Ana Capelo. Tamén xogaron: Yanis Citoula, Mica Aller, Sofía Paz, Paula Bermúdez e Carla Lugilde.
A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino pon o punto e final ao ano 2021 co encontro en La Torre ante o SCD Milagrosa.
Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0 EF Feminino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García) Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño) Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0 UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo) Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4 Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)