RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Scaloni renuncia á selección

Cando xa se atopaba cun pé no avión que o había de levar ao seu país, Lionel Scaloni renunciou á chamada da selección olímpica arxentina para evitar unha nova baixa ao Deportivo.O xogador, que manifestara a ilusión que lle facía a chamada do seu seleccion

Leo ía xogar o mércores coa súa selección, polo que se perdería o encontro de ida da terceira rolda da Copa da UEFA do xoves ante o Panathinaikos. A lesión muscular de Víctor no encontro do domingo motivou que o medio arxentino decidise quedar na Coruña para estar dispoñible para o adestrador.

Tanto o técnico branquiazul, Javier Irureta, como o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, solicitaron a Scaloni que quedase na cidade herculina. O xogador non o dubidou e antepuxo os intereses do equipo aos propios.