O deportivista Gabriel Schürrer foi traspasado esta tarde noite ao As Palmas por 600 millóns de pesetas.
O ata hoxe xogador branquiazul militará no conxunto canario, pero no seu contrato hai unha cláusula segundo a cal, se o conxunto insular descendese ao final da presente campaña, o defensa arxentino regresaría ao conxunto deportivista, pasando entón o As Palmas a desembolsar simplemente 75 millóns de pesetas en concepto de cesión.